Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Previa: o Dumbría fai saltar a banca

A Previa: o Dumbría fai saltar a banca
Na previa dunha xornada que se presenta de gran interese, a nova que centra a atención é a doble incorporación do Dumbría ó seu plantel, coa clara intención de reforzar o equipo para poder obter a permanencia en Preferente Norte. Os atacantes do Negreira Esteban Capelo e Iván González veñen de firmar co club do Conco, e supoñen unha clara subida de nivel do equipo de Nacho, que unidos á recente incorporación de Pesco xuntan un ataque de moito nivel. Iván González, moitos goles ás súas espaldas agora ó servicio do Dumbría Esteban Capelo Grille é un trotamundos do fútbol. Dunha estirpe de grandes futbolistas, o mediapunta de 29 anos ten pasado en Negreira, Cerceda, Arousa, Ordes e Santa Comba, e tamén na canteira do Real Madrid, que no seu momento se fixou no talentoso xogador. Iván González, con 39 anos e unha traxectoria extensa marcando goles alí onde xogou, vestiu as camisetas de Noia, Compostela, Lugo, Ourense, Boiro, Vilalbés, Laracha, Ribadeo ou Negreira, é un goleador contrastado e en Preferente pode marcar diferencias. Deixando de lado a nova do día, repasemos o que nos deparará a xornada. En Preferente ese Dumbría reforzado deberá pasar unha proba de fogo ante un Castro que todavía tenta chegar ós postos de ascenso. E teremos un derbi dos que fan afección en Fontenla, con Xallas e Sofán buscando tamén a zona tranquila e con moitos ex xogadores e adestradores en ambos bandos. Un derbi con morbo sen dúbida. Capelo coa camiseta do Cerceda, glamour para o Conco En 1ª Galicia os focos estarán nese Soneira - Fisterra, cos de Vimianzo lanzados e os de Fisterra renacidos despois da última vitoria. Vaia partidazo nos espera. O San Lorenzo recibe ó Cordeiro nunha das últimas oportunidades de acercarse á salvación, e o Baio viaxa a Bertamiráns tentando sacar puntos nun terreo moi difícil.   Na Liga da Costa vaia xornada temos en portas, pois os 4 primeiros clasificados enfróntanse entre si. Corme - Esteirana e o sabatino Baíñas - Mazaricos serán o centro de atención na loita polo título. Pode ser esta unha xornada decisiva sen dúbida. E na zona baixa, igual. O Outes - Malpica, o Cerqueda - Coristanco e o Cee - Camariñas son partidos de alto octanaxe, e non menos importantes aínda que esos equipos están algo máis desafogados o Muxía - Monte Louro e o Zas - Lira. En Ponteceso, para finalizar, o equipo local recibe ó Buño nun derbi de cercanía. Na 3ª Galicia, despois do cambio de líder da semana pasada, o Volantes defende esa condición en Vimianzo ante o Castrelo. O Muros recibe ó Outes B, e os outros partidos serán igualados, con equipos que xa teñen que ir colocándose en posicións de promoción se non queren quedarse descolgados.

Comentarios