Xoves. 16.05.2024
El tiempo

A Previa: o entroido non disfraza as realidades futbolísticas

A Previa: o entroido non disfraza as realidades futbolísticas
Xa estamos en época de entroido. Cocidos, disfraces, en definitiva época de máscaras e de xogar a ser quen non eres. Pero o mundo do fútbol costeiro é tozudo, e non nos vai a deixar escapar da realidade. A todos nos gustaría escabullirnos das dificultades clasificatorias, ou soñar despertos co título ou ascenso que ansiamos, pero todavía vai a quedar que remar un montón de estacións ata chegar a bo porto. Aínda así estaremos atentos a ver se algún lobo se disfraza con pel de cordeiro, e viceversa. En Preferente Norte, dous partidos adiantados a sábado, moi interesantes ambos. Xallas - As Pontes e At.Arteixo - Dumbría poden marcar o futuro cercano de ambos equipos. O rival do Xallas é dos que mete medo, pero o estado e forma do de Néstor invita ó optimismo. A visita a Arteixo non soe ser propicia para o Dumbría, pero a necesidade de puntos é elevada. O domingo completa a xornada o Sofán visitando a un Ordenes que está á par dos sofanistas, nun partido que parece case derbi por proximidade de ambas vilas. Mazaricos lider da Liga da Costa Na 1ª Galicia vaise a completar a xornada que fora adiada o 10 de decembro, polo que xogarán todos menos o Baio, que xa disputou o partido que lle correspondía en Ribeira. O Soneira recibe sábado ó Puebla de Changui, e o mesmo día a poucos kilómetros o Fisterra busca continuar en xeira ascendente ante o poderoso Lalín, que ó mellor chega farto de cocido e se lle atraganta o Ara Solis. O San Lorenzo, xa sen Oscar Suárez no banco, recibe ó líder Agolada, mal rival para intentar iniciar a remontada. Pero os terreos costeiros son inexcrutables e pode pasar de todo. Na Liga da Costa estanse a disputar xornadas decisivas. A competición está a puntiño de romperse en todas as frontes, así que ninguén se despiste. O embalado Mazaricos visita Lombáns para enfrontar ó imprevisible Lira, capaz do mellor e do peor. Atentos estarán Esteirana, Corme e Baíñas, que xogan con Puenteceso, Coristanco e Buño respectivamente. Na cola o Outes - Camariñas parece un dos encontros decisivos da xornada, e o Cee - Muxía non lle vai á zaga, pola rivalidade de ambos equipos e os apuros clasificatorios dos de Cee. O sabatino Cerqueda - Monte Louro e o dominical Zas - Malpica parecen encontros máis tranquilos a priori, pero todos queren sumar canto antes os puntos para non pasar apuros finais. Na 3ª Galicia tres partidos o sábado: o Muros - Castriz e o Porteño - Volantes poñen en xogo o título de liga, a poucas xornadas do final. O Corcubión - Outes B ten interés por ver se os locais se aferran ó último tren da promoción. O domingo temos un tremendo Cabana - Ameixenda, con dous equipos que aínda pensan en ascenso directo fronte a fronte. o Castrelo - Laxe e o Seaia - Camelle serán as outras citas, pendientes de si o Seaia ten máis sorte que o domingo pasado e pode xuntar 11 efectivos para enfrontar ó Camelle.  

Comentarios