Martes. 22.10.2019
El tiempo

A Previa: o Pontevedra - Ferrol condiciona os arrastres

A Previa: o Pontevedra - Ferrol condiciona os arrastres
Parece un pouco raro irnos a falar dun partido de Segunda B a estas alturas de tempada, pero o certo é que moitos equipos costeiros estarán pendentes do encontro de Pasarón, do que depende en boa medida a cascada de descensos de todos os anos, na que se poden ver involucrados un montón de equipos de Preferente, 1ª e 2ª Galicia. En Preferente Norte temos partidos vitais na loita por escapar dos postos de descenso e arrastre para os nosos equipos. Un Xallas en excelente forma viaxa a Escairón, no traxecto máis longo da tempada, para tentar seguir coa súa magnífica xeira. O Sofán recibe nas Eiroas ó At. Arteixo, nun derbi de cercanías que se antolla moi importante para os de Iván Cancela. O Dumbría ten un partido a vida ou morte no Conco ante un rival directo, o Boimorto, do que poden depender un tanto por cento elevado das posibilidades de permanencia do equipo de Nacho. Imaxe do Corme-Buno -Foto-Mery Villar Outes e Buño xóganse as súas posibilidades de salvación esta fin de semana Se na Preferente a xornada é importante, en 1ª xa non digamos. Temos un tremendo derbi en Verdillo, entre o Soneira e o conxunto local. Volve Pedro Gómez á que foi a súa casa un par de anos, e faino tentando exprimir as últimas opcións de acercarse ós equipos punteiros da liga. E o San Lorenzo, xa sen Oscar Suárez, busca sumar para ter esperanzas de salvación, que agora mesmo están lonxanas. Será un partido dos de non perderse. O Fisterra viaxa a Ribeira noutro encontro fundamental. Catro puntos separan a ambos equipos, e de conseguir vencer, o Fisterra tería posto o clavo no peito do conxunto do Barbanza. Non é menos importante o do Baio, que recibe ó Sigüeiro nun duelo decisivo, entre dous conxuntos separados por un só punto e que ven a plaza de arrastre queimándolle nos pes. Na Liga da Costa, o líder Mazaricos ten un partido moi difícil contra o quinto clasificado, o Cerqueda, no que será o partido da xornada. Os perseguidores teñen encontros moi complicados tamén. O Corme visita Muxía, e o Baíñas vai a Malpica, dúas saídas nas que non será fácil puntuar. A Esteirana recibe a un Zas á alza que seguro lle poñerá as cousas costa arriba. Na zona baixa hai un dramático Coristanco - Outes, que deixará ó perdedor moi tocado. O Buño recibindo ó Lira e o Camariñas co Puenteceso tentarán ir escapando da zona de perigo, mentres que o Cee ten un encontro fundamental en Monte Louro. Xa vemos que non hai respiro para ninguén, e os puntos están moi caros nestas datas. Muros e Volantes seguen na súa pugna Na 3ª Galicia, máis do mesmo. Muros e Volantes seguen coa súa pelexa polo título. Dous partidazos esta semana, o Camelle - Muros e o Volantes - Cabana, que decidirán gran parte do destino desta 3ª, pois tanto Camelle como Cabana son perseguidores dos equipos muradáns. O Ameixenda - Nantón é o outro partido importante da xornada, mentras que Porteño, Laxe ou Castriz terán que seguir vencendo para tentar loitar polas plazas de promoción, que están verdadeiramente caras na nosa 3ª.

Comentarios