A Previa: o título pasa por Esteiro

09:06 23/03/18
Temos unha cita das consideradas grandes esta fin de semana no Xosé Luis Vara de Esteiro. O líder Mazaricos, que o leva sendo toda a tempada, defende ese privilexio ante a Esteirana. O campo estará a reventar, como nas grandes ocasións, nun encontro que pode decidir o destino da tempada para ambos equipos, e de paso para Baíñas e Corme. A expectación é máxima. A Esteirana recupera a Roberto Pladur, que non puido xogar a semana pasada. A dúbida no equipo visitante é a presencia de Amoedo. Dende logo se o seu xogador - adestrador non está o equipo notarao seguro.
O partido de Esteiro pode decidir un título
En Preferente Norte, o Xallas pode deixar certificada a permanencia se vence na cancha do colista, o Outeiro de Rei, aínda que irá coas baixas de Alex Canedo e Oliver, sancionados. O Sofán viaxa a Lugo para enfrontar ó Residencia, rival directo ó que pode deixar a 10 puntos, se logra vencer no difícil campo da Cheda. O Dumbría ten un transcendente encontro en Dubra ante un equipo local todavía necesitado de puntos.
Na 1ª Galicia, temos un partido vital para o San Lorenzo, contra o Chaián, ó que se lle acercará a un punto se o vence. Tamén importantísimo o encontro do Fisterra ante un Bertamiráns en terra de ninguén. Ara Solis debe ser un fortín para ir asegurando a permanencia. O Baio xógase a vida no terreo do líder, o Piloño. Os de Diego Díaz están coa moral alta tras a vitoria da semana pasada. O Soneira recibe ó Flavia, un dos mellores equipos da competición, nun partido moi atractivo para o espectador.
O San Lorenzo busca saír dos postos de descenso directo
A Liga da Costa está máis emocionante que nunca. No Baíñas - Monte Louro e no Outes - Corme estará moi pendientes do que pase en Esteiro, pero cuidado coas confianzas, hai que ganar os partidos propios. Xa sabemos do que é capaz o Monte Louro, e o Outes non está en situación de regalar nada. O Cunchido será unha caldeira para intentar derrotar ós cormeláns. Dous partidos chave na loita polo descenso: Malpica - Camariñas e Buño - Coristanco. En Malpica rondará a traxedia, pois o que saia derrotado verá moi comprometida a súa situación. En Buño, dous equipos en franca ascensión, poñen a proba o seu bo momento. O Cee viaxa a Ponteceso coa necesidade dos puntos, e o Lira recibe ó Muxía sen poder relaxarse, así como o Cerqueda no seu desplazamento a Zas. Non queda nada e os puntos son ouro¡
Na 3ª Galicia xógase a pantasma última xornada, á espera da adiada, que se xogará en Semana Santa. A incertidumbre está na loita pola promoción. O Nantón - Camelle e o Ameixenda - Castriz sobre todo, son encontros onde se decidirá moito. Os dous ascendidos Muros e Volantes xogan contra Porteño e Laxe, xogándose máis estos últimos. O Cabana irá a asegurar a súa plaza co Seaia, e Corcubión e Castrelo xogan un encontro sen demasiada transcendencia.
O Ameixenda pode certificar a promoción


