Xoves. 16.05.2024
El tiempo

A Previa: Soneira - Baio, derbi de urxencias

A Previa: Soneira - Baio, derbi de urxencias
Despois dunha semana marcada tristemente, unha vez mais, polo cambio de adestradores nos bancos costeiros, aproxímase unha xornada con varios partidos destacados, sobre os que asoman a cabeza dous sobremaneira: o derbi sabatino da 1ª entre Soneira e Baio, e o encontro de domingo na Liga da Costa que enfrontará a Mazaricos e Esteirana. O sábado as 18.15 no Municipal de Vimianzo, baixo a dirección de Gil Soriano, veranse as caras, nun dos derbis clásicos da costa, o Soneira e o Baio. Os dous equipos non veñen de bos resultados, o Soneira caeu a semana pasada en Tordoia ante o colista e o Baio enlaza unha derrota en Cordeiro e unha igualada ante o Fisterra. Tras estos resultados o adestrador Pedro Gómez e a directiva decidiron poñer punto e final á súa relación. Baixan augas de incertidume en Baio.  O Baio xa non é o de Pedro Gómez. Busca nova indentidade para sair do postos baixos Navega o Soneira polo 7º posto da clasificación, con 20 puntos e a so 5 do líder, intentando non quedarse descolgados dos primeiros postos, pois o claro obxectivo do club é recuperar a categoría perdida o ano pasado. O Baio pola súa parte está no posto 14º, con 11 puntos e a 1 so do descenso directo. A situación non é extrema pero a ambos fanlles falta os puntos como auga de maio. Para os amantes das estadísticas, os mellores goleadores de ambos equipos son Basti con 8, MC e Bruno con 5, e Santi Díaz e Rubio con 3. Se o Soneira ten a un Basti en forma, o Baio botou de menos en moitas xornadas a falta do seu pichichi MC, que anotou os seus 5 tantos en apenas 7 partidos. Fai dúas tempadas ambos equipos enfrontáronse na mesma categoría, con vitoria do Baio por 0-1. Espéranos un gran partido a bo seguro. No repaso ás demais categorías, vemos que os tres equipos de Preferente teñen partidos como local. O Dumbría estrea adestrador, Nacho, na visita do potente Ribadeo. O Sofán xogará en xornada matutina domingo nas Eiroas ante o Viveiro, e o Xallas recibe ó Dubra nun partido que ten moito de derbi, buscando unha vitoria que reafirme o bo traballo das últimas semanas. Este é o último Soneira de Preferente. Xa non están Oscarin e Javi, pero busca volver á categoría perdida Na 1ª Galicia, ademais do derbi nas terras de Soneira, o San Lorenzo recibe nun partido clave ó colista Tordoia, e o Fisterra terá que impoñer o factor Ara Solis ante o candidato ó ascenso Agolada. Na Liga da Costa temos o partidazo Mazaricos - Esteirana. Despois da primeira derrota en Corme está por ver como reacciona o líder ante unha Esteirana que ven nunha magnífica liña de xogo. Unha vitoria visitante apretaría a liga moitísimo. Corme e Puenteceso tentarán seguir na súa persecución ante Outes e Cee, dous equipos que xa cambiaron de adestrador. O Baíñas visita á sorpresa da categoría, o Montelouro, e o Muxía e o Lira reeditarán os seus duelos en 3ª do ano pasado. O Cerqueda - Zas, o Coristanco - Buño e o Camariñas - Malpica serán encontros nos que os equipos buscarán a calma dos puntos para escapar da queima das zonas baixas. Na 3ª Galicia o descanso obrigado do Volantes vaille permitir ós candidatos ó título reducir distancias. Muros e Ameixenda teñen rivais asequibles pero dos que non se pode fiar un, que llo digan ó Cabana fai dúas semanas.  O interesante Laxe - Nanton, o Castriz - Cabana, o Camelle - Porteño e o Seaia - Corcubión son partidos de máxima igualdade, sen pronósticos claros, e que nos irán situando ós conxuntos na clasificación. Hai codazos por situarse entre os 6 primeiros¡¡¡

Comentarios