Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Previa: tardes de transistores

A Previa: tardes de transistores
Xornada da última fin de semana de febreiro que se nos presenta unha vez máis decisiva en diversas frontes. A marxe de maniobra cada vez é máis escasa, os equipos apuran as súas opcións ó límite, todos teñen algo polo que xogar. O duelo Baíñas - Esteirana centra a atención da Liga da Costa, e para os descensos todos están pendentes das ligas superiores, non vaia a ser que caian equipos das nosas zonas e nos manden ó pozo do descenso. Tardes de transistores nos esperan, ou máis ben de móviles e mensaxería instantánea. O Baíñas xógase media tempada, e o Puenteceso recibe ó Coristanco En Preferente Norte, xógase o todo polo todo o Dumbría, na visita ó colista Outeiro, que debe significar tres puntos de botín para os do Conco se non queren ver disminuídas as súas opcións de salvación. O Sofán visita Boimorto, un rival que está empatado a puntos cos de Iván Cancela, na busca da tranquilidade, que xa ten cerca o Xallas, con 36 puntos, a poucos deses 45 que din chegarán para a salvación. Os de Néstor viaxan cenca do Dumbría, a Castro, nun doble duelo lucense - costeiro. Na 1ª Galicia tres dos nosos representantes están na dura pelexa por escapar do descenso. Un San Lorenzo revitalizado visita a un rival directo, o Sigüeiro, no que vai a significar un partido chave para as opcións de salvación dos de Pablo Mallón. O Baio, metido en postos de arrastre, non ten a mellor visita para puntuar, pois vai a Agolada a visitar ó líder, pero os de Diego teñen capacidade sobrada para vencer aló. O Fisterra afronta unha nova final cun rival directo, o Silleda, no fortín do Ara Solis, nun encontro que se antolla importantísimo. O equipos máis desafogado, o Soneira, tentará botar unha man ós outros costeiros vencendo ó Riveira. E na Liga da Costa, para que falar. O Mazaricos viaxa a Buño a tentar levarse os puntos e esperar o que pase no partidazo Baíñas - Esteirana, onde ambos equipos se xogan a segunda plaza e moito máis. O Corme recibe ó Louro buscando unha vitoria que non será fácil e coa vista no partidazo da xornada. Na zona baixa, traxedia e comedia a partes iguais. Á espera do que pase nesa reclamación por alineación indebida do Coristanco - Outes da semana pasada, os de Outes reciben ó Muxía nun encontro no que deben sumar se queren ter esperanzas de salvación. O Cee está na mesma, recibindo ó incómodo Cerqueda. O Coristanco pola súa parte viaxa a Ponteceso, nun encontro de cercanías que desprenderá emoción a bo seguro. O Camariñas visita Zas, e o Malpica ó Lira, con equipos tamén implicados nesa loita sen cuartel por non baixar. Imaxe do Muros-Volantes-Foto-Manuel Caamaño O Muros e o Volantes buscan o título e o ascenso E na 3ª Galicia, o título xógase en 2 campos, con emoción sen igual. En Muros os locais reciben ó Seaia, e en Nantón, o Volantes pretende levarse os puntos. Xa non queda nada e o que falle non será campión. Aínda que o premio de consolación non é menor, o ascenso. Para os postos de promoción, un Porteño - Laxe interesantísimo, e o Camelle visitando ó sorprendente Castrelo, o Cabana recibindo ó Outes e o Castriz indo a Corcubión. Hai lume¡¡¡

Comentarios