Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Quedada de Pesca de Fondo e Spinning aprázase polo tempo ao sábado 18

A Quedada de Pesca de Fondo e Spinning aprázase polo tempo ao sábado 18
Spining-Pesca-Corme 18 Novembro 2018

É posible que este domingo teñamos na Costa alerta amarela no mar, e “na nosa costa é imposible, ou se non imposible, moi arriscado, pescar con máis de 3 metros, así que decidimos aprazar a Quedada”. Así nos informa Emilio Cambre, da tenda Abordo de Ponteceso, do aprazamento da III Quedada de Pesca de Fondo e Spinning que se ía celebrar este domingo 4 de novembro.

A nova data é o domingo 18 de novembro, sempre que acompañe o tempo. Deste xeito, a xente aínda se vai poder apuntar ata o mércores 14 de novembro, se ben a Quedada xa supera as 120 inscricións, polo que tiveron que cambiar o lugar da comida de confraternización, que ía darse nun Biscoteiro de Corme que non ten tanta capacidade.

Finalmente o xantar celebrarase no Couto.

Inscricións

Amplíase o prazo para formalizar a inscrición, ata o 14 de novembro, nos teléfonos 881 984 914 ou 699 234 780. A cota de inscricións (que inclúe a pesca e a comida) é de 20€. Os acompañantes que vaian só a Corme son 15€, e o menú infantil 10€.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/en-marcha-unha-nova-quedada-de-pesca-na-costa-de-bergantinos/

Comentarios