A segunda xuventude de Jose Soneira alza ao Cabo Touriñán
Nova vitoria do Club Xadrez Cabo Touriñán, que tras 6 roldas s sitúase 2º na táboa clasificatoria do 2ª División, Grupo C. Os muxiáns e corcubioneses venceron ao Super Secuaces, cos que chegaron empatados, e dan un importante salto na clasificación,
Cómpre destacar a nova actuación de José Soneira que segue intratable (é o único xogador da liga que gañou todalas partidas) e parece que está a vivir unha segunda xuventude xa que estivo inactivo seis anos, dende a tempada 2010 onde militou no SuaAgra de Baio xunto con Jorge Mira, Pablo Mira, Ramón Franco e Jorge Soneira.
2ª División, Grupo C, xornada 6
- Resultado: Cabo Touriñán - Supersecueces do Gallaecia (3,5 - 0,5)
- José Soneira - Javier Rozas 1-0.
- Ramón Franco - Adrián González 1/2-1/2.
- Tomás Lago - Eutiquio Barreales 1-0.
- José Sar - Xesús López 1-0
A nova vitoria de Soneira inclinouse ó seu favor cando conseguiu peza por dous peóns, e chegou a un final que gañou con boa técnica.
No segundo Taboleiro, Ramón Franco que levaba as pezas negras conseguiu igualala posición e tras cambiar Damas e Torres chegouse a un final igualado e firmaronse as táboas na xogada 34.
No Terceiro taboleiro, Tomás Lago conseguiu ventaxa de tres peóns e unha mellor posición que o seu rival que decidiu abandonar na xogada 16.
No cuarto taboleiro, José Sar conseguiu ventaxa de calidade (Torre por Cabalo) e pouco a pouco foi incrementando a ventaxa ata gañala partida.
Vindeira xornada
A próxima rolda será o 18 de marzo e os costeiros desprázanse a Santiago para xogar contra o Algalia, que é 7º con 12 ptos.
Máis información
Para os máis interesados, as partidas pódense reproducir en xadrezcabotourinan.blogspot.com.es.- Federación Galega de Xadrez.
- O erros condenan ao Club Xadrez Cabo Touriñán en Vilagarcía.
- Unha incomparecencia impide ao Cabo Touriñán sumar a súa segunda vitoria na Pobra
- Febreiro 2017: O Xadrez Cabo Touriñán comeza a liga con vitoria.
- Setembro 2016: 745 xogadores participaron no I Circuito Intercomarcal de Xadrez.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).