Martes. 16.04.2024
El tiempo

A Selección Galega de fútbol praia xogará en Malpica contra un combinado costeiro

A Selección Galega de fútbol praia xogará en Malpica contra un combinado costeiro
A Selección Galega de Fútbol Praia, con Ramiro, Darío Cotelo e Nico, estará en Canido A Selección Galega de Fútbol Praia, con Ramiro, Darío Cotelo e Nico, estará en Canido

A raíz da I Copa da Costa de fútbol praia, organizada pola Asociación Deportiva Vidú e o Concello de Malpica, toca visita especial. O próximo domingo 14 de agosto ás 17.30h, a Selección Galega de fútbol praia disputará un encontro amigable ante un combinado formado por xogadores que disputaron a primeira edición copeira desta disciplina.

A praia de Canido será de novo o estadio ideal, cun choque no que estará Ramiro Amarelle, o cal está considerado como o mellor xogador da historia desta modalidade, é natural de Ponteceso e será un dos grandes atractivos deste partido, no que seguro que non deixará de sorprendernos cos seus recursos increíbles.

O outro costeiro que estará presente sobre a area de Canido coa Irmandiña será o malpicán Darío Cotelo. O gardameta da Irmandiña, que o vindeiro domingo xogará na casa, xa ten unha experiencia contrastada nesto do fútbol praia logo de militar en clubes coma o Coruxo, o Barcelona e o Boca Juniors arxentino, ademáis de ser un fixo nas convocatorias da Selección Galega da modalidade.
Ademáis, destes dous xogadores naturais da zona, tamén estará o coruñés Nico Alvarado. Este herculino ten un gran vínculo coa Costa da Morte logo de militar varias tempadas no Malpica, durante a época dourada do clube malpicán, e tamén no Carnota.

Tanto Amarelle como Darío son dous dos grandes artífices de que este partido sexa unha realidade, xa que ambos xogadores costeiros teñen moitas gañas de acercar esta modalidade a súa terra e xogar cerca dos seus pobos natais.

Os protagonistas

Os seleccionadores da Irmandiña, Benito Pastoriza “Beni” e Quique Sánchez, terán a súa disposición a Ramiro Amarelle, Miguel Santiso “Kuman”, Nico Alvarado, Darío Cotelo, Diego Guerra, Nico Olivera “Uru”, Rubén González e Álex Rey. Estes xogadores citados anteriormente serán os oito compoñentes da Selección Galega de fútbol praia que se desprazarán ata terras malpicanas para enfrontarse á primeira Selección da Costa desta modalidade.

Mentres tanto, o combinado costeiro, que dirixirá a gran Pili Neira, estará formado por Suso Vidal, Eloy Villar, Alejo Cambón, Lucas Rial e Diego Bermúdez do Corme CF; Miguel Rodríguez “Eme”, Fran Montes “Charro” e Matías Tedín do Sporting Seaia CF; Denis Lago e Adrián Negro do Muxía CF; Manu Pardo e Aitor Vilas do SCD Malpica.

Novas relacionadas

Fonte

  • AD Vidú da man de David Castro.
  • Comentarios