A subdelegación de árbitros comeza a campaña de captación para a vindeira tempada
Despois da presentación do pasado venres do Subdelegado da Costa da Morte do Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol, a Subdelegación comeza a súa campaña de captación de cara á próxima temporada 2016/2017. A intención, como nos comentaba o propio Vítor Recarei, será a de conseguir un número suficiente de árbitros para pitar todos os partidos da bisbarra.
Dende esta fin de semana xa comezaron a distribuirse cartelería polos distintos campos de fútbol, e igualmente na carreira popular que tivo lugar en Vimianzo se repartiron máis de 500 volantinas entre os corredores e corredoras, convidándoos a que se animen co mundo arbitral, no que dende xa teñen as portas abertas nesta nova subdelegación.
O curso formativo para novos árbitros/as comezará a finais do mes de abril na nova sede da Federación Galega de Fútbol en Baio. As persoas interesadas poden poden contactar no teléfono 669752395 así como neste correo electrónico: [email protected].
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).