A un paso do título e da Fase de Ascenso

Impresionante a campaña do Balonmán Camariñas Conservas Boya. A falta dunha xornada aínda está todo por decidir pero as posibilidades do equipo conserveiro están intactas. Os de Dioni Quenlle realizaron un partidazo na penúltima final do ano ante o potente Sedona ao que mallou por un claro 34-23.
Así, a unha xornada do final, 3 equipos nun pano, Camariñas 20 puntos, Bueu 19 puntos e Cangas 19 puntos. Todo, para conseguir o título ou o segundo posto, que son as prazas que dan paso á Fase de Ascenso a 1ª División Nacional.

Datos do encontro

- Resultado: Conservas Boya Balonmán Camariñas, 34 - Seis do Nadal, 23.
- Conservas Boya: Lalá (p), Víctor (p), Alán (7), Fari (4), Diego Alonso, Felipe (5), Quin (3), Canedo, Moncho (2), Salva (2), Catalán (3), Jose Ramón (2), Xabi, Perón (6).
Nun partido moi serio en defensa, deixou o camariñas sen opcións ao sempre incómodo 6 do Nadal, para logo na segunda metade impor o rodete e cando o partido quedou visto para sentenza. O banco aproveitou para xogar algún minuto máis.
Como dato curioso, marcouse o gol 9.000 do Camariñas nesta categoría, tanto que conseguiu José Ramón Suárez, que se suma á lista de goles históricos do club.
Vindeira cita
O próximo partido, a gran final, en Bueu, os dous equipos que máis merecen a clasificación, pero que se van a eliminar un a outro, o que perda queda practicamente sen opcións de xogar a liguiña de ascenso a 1ª. Todos a Bueu o vindeiro sábado para axudar a conseguir tan merecido campionato.
Goles históricos do Camariñas Conservas Boya

Máis información
Novas relacionadas
- 2 finais para completar o soño do Balonmán Camariñas.
- O Balonmán Camariñas cumple e mantén o liderato.
- O Balonmán Camariñas retoma a loita polo ascenso.
- O soño do Balonmán Camariñas segue en pé.
- Un empate con sabor a vitoria mantén ao Conservas coas aspiracións de ascenso intactas.
- A bestia negra frea ao Conservas Boya.
- O Conservas Boya afianza o liderato e segue soñando.
- A afección do Conservas Boya fai seguir soñando ao equipo camariñán.
- O Balonmán Camariñas consegue a sorpresa da xornada e non renuncia a nada.
- Empate amargo do Balomán Camariñas no seu debut na Liga polo título.
- Bruno López deixa o banco do Balonmán Encaixe.
- O Balonmán Camariñas celebra o seu pase á seguinte fase cunha visita a Cerdeimar e unha boa verbena.
- O Balonmán Camariñas loitará polo título e o celebra cunha festa de Nadal.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto.