Sábado. 02.11.2024
El tiempo

A Xornada: dúas vitorias en Preferente e moito empate en Primeira

A Xornada: dúas vitorias en Preferente e moito empate en Primeira
  • Interesantísima a xornada en Preferente, coa vitoria do Dumbría ante o Castro, e a da SD Sofán no derbi contra o Xallas sobre a hora. E en 1ª Autonómica, tres igualadas, as do Soneira, Fisterra e San Lorenzo na casa, e unha derrota, a do Baio a domicilio en Padrón.
  • Tendes todas as táboas cos resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.
Partido de tolos nas Eiroas entre Sofán e Xallas Segue o Dumbría ó seu, matando xigantes no Conco. Desta vez foi o recén descendido Castro, que caeu cun tempraneiro gol de Adrián Mackay. E no derbi, o que se esperaba. Pouco fútbol, pero moita tensión e intensidade. E un golazo. Cando todo facía presaxiar que o Xallas se levaría os puntos co gol de Julián, primeiro Félix e despois Luis cunha tremenda volea dende 30 metros, levaban o delirio á grada das Eiroas. Nun partido de empate, a SD Sofán tivo o necesario para levarse os tres puntos, e deixa un pouco tocado ó Xallas, so con 1 punto tras 3 xornadas. Non puntuou o Baio na súa visita a Padrón, xa na 1ª autonómica, e caeu 2-0 ante un dos favoritos ligueiros, un clásico de Preferente e Terceira en horas baixas. Notáronse as baixas de MC e Javi Suárez. En Verdillo o Piloño levou un punto, despois de arrebatarlle 3 ó Soneira a semana pasada, e convírtese no coco dos equipos costeiros. Adiantáronse pronto pero o SAn Lorenzo con tesón foi quen de igualar por medio de Diego Varela. Foi unha pena o do Soneira, pois logo de ir por diante no marcador todo o partido tras o gol inicial de Bruno, viron como lles igualaban o encontro a nada do final. Estalle costando os de Rafa, que a bo seguro co paso dos partidos irán a mais. E en Fisterra gran partido. Os fisterráns remontaron o gol inicial do ex sofanista Alex Pri, pero tampouco foron quen de aguantar a ventaxe e acabaron igualando.

As táboas cos resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.

Comentarios