Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Xornada: o carrusel costeiro botou lume

A Xornada: o carrusel costeiro botou lume
Coa xornada de horario unificado chegou a tensión ó carrusel costeiro, con todo o mundo pendente do campo propio e terreos de xogo alleos. O drama estaba na zona de abaixo, e o partido da xornada foi ese Coristanco - Camariñas, con triunfo para os palilleiros que deixa a ambos equipos en descenso directo, pero con opcións na última data. O Outes venceu a un Zas que se está a deixar ir e sae, pero todavía está en arrastre, e no outro partido da xornada o Cee e o Lira igualaban. Malpica e Louro empataban, así como Buño e Cerqueda, Co Cerqueda salvado o Buño e o Cee tentará escapar da cuarta plaza posible de descensos por arrastre, que aínda que pouco probable, todavía é posible, nun último Buño - Cee de infarto.  Juan de Dora foi expulsado por vez primeira na súa carreira nesta xogada Na loita pola promoción todavía hai emoción, pois o Mazaricos igualou en Ponteceso e o Corme apabullou a un Baíñas que fai tempo que dimitiu na liga. O Corme xogará contra un Lira salvado e o Mazaricos ante un Coristanco en problemas. En 1ª igualada no derbi, que deixa ó Baio sen poder cantar a salvación e o Soneira con poucas opcións xa de chegar arriba. O Fisterra trouxo unha dolorosa derrota da casa do líder Agolada e atópase cerca dos postos de arrastre, que ocupa o Tordoia despois de vencer ó San Lorenzo, resultado que deixa ós e Verdillo con pé e medio na Liga da Costa. En Preferente Norte gran vitoria do Dumbría, remontando ante un rival directísimo, e saíndo dos postos de descenso directo. Agora mesmo o Dumbría vai hacia arriba e todos cren na salvación. O Sofán xogou un intenso derbi ante un Paiosaco que coa vitoria se puxo de líder. Polémica nas Eiroas, con dous expulsados no bando sofanista. Un Xallas relaxado só empatou ante o Residencia e non puido botar unha man ó Dumbría. E na previa da Copa da Costa, Corcubión e Seaia pasaron de rolda. Nun partido loco como o da ida o Laxe a punto estivo de remontar a eliminatoria. O Castrelo igualou a eliminatoria pero un gol de David doulle o pase ós malpicáns.

Comentarios