A Xornada Xoga-Judo na Costa encheu o pavillón de Ponteceso


A Xornada de Xoga-Judo na Costa encheu de deporte a Polideportiva Municipal de Corme. Máis de 300 cativos de toda a bisbarra e centos de pais e familiares ateigaron o pavillón noutra xornada do Deporte Escolar, como xa vimos na xornada das finais das Ligas Comarcais de Fútbol Sala.
Este sábado tocaba Judo e alí estaban judokas das Escuelas Deportivas Municipales así como CEIPS: EDM. PONTECESO, EDM. MUXÍA, EDM. CABANA, EDM. CAMARIÑAS e CEIP A. XOSÉ PICHEL DE CORISTANCO.
A cita foi artellada pola Federación Galega de Judo en colaboración co Concello de Ponteceso, e precisamente o alcalde Fondo Aguiar e a concelleira de deportes Mª del Mar durán Mato foron os encargados da emoncionante entrega de medallas.
A ilusión podía verse reflexada nas caras dos áis pequenos que vían por primeira vez unha medalla ao pescozo.

Ademais de alcalde e concelleira pontecesá, estaban presentes tamén a técnica de deportes pontecesá Remedios Varela, o camariñán Francisco Puga, o muxián Diego Castiñeira, a cabanesa Loli Hortas así como a presidenta da ANPA do CEIP Xosé Pichel Charo Serantes e o vicepresidente da Federación Galega de Judo Miguel Ramos Medina.

E unha de Taekwondo en Cee
Ademais, o vindeiro domingo 19 de febreiro, o taekwondo tomará o pavillón de Cee. E o fará a partir das 17:00h para acoller o Campionato Galego de Semi Contac 2012, en tódalas categorías.
Novas relacionadas
- Paixón, ledicia, tristeza, ilusión e moita deportividade nas Finais das LCFs.
- Xornada da Costa 2011: Camariñas puxo o quimono.
- Xornada de aprendizaxe a nivel galego para os taekwondistas da Costa.
- Unha prata e un bronce con humildade para os taekwondistas da Costa da Morte.
Fonte
- Federación Gakega de Judo