Abellariza organiza un taller de Tai Chi Chuan en Ponteceso
07:05 02/02/17
O vindeiro sábado, día 4 de febreiro, terá lugar no salón de actos do edificio das esolas de Ponteceso un taller de Tai Chi Chuan. A actividade está organizada pola agrupación deportiva Abellariza I.E.S. Ponteceso e impartirano os profesores da delegación galega da escola Ma Tsun Kuen, que dispón dun centro de artes marciais e actividades saudables en Cambre.
O taller, que se desenvolverá de 17 a 21 horas, dividese en tres tempo. Primeiro practicarase Taichi Tsaos; uns exercicios de quencemento que se realizan co fin de liberar tensión nas articulacións. Logo, abordaranse os conceptos básicos do Tai Chi Chuan. E por último, veranse as aplicacións prácticas dos exercicios do Taichi para a saúde e a defensa persoal.
Inscricións
Este tipo de ximnasia favorece a saúde e tamén se pode empregar como defensa persoal. Os interesados en anotarse poden inscribirse a través da páxina de Facebook de Abellariza ou enviando un correo ao enderezo electrónico [email protected]. A inscrición é gratuíta.
Novas relacionadas
- De ruta con Abellariza
- Abellariza aposta polo deporte na rúa
- A agrupación deportiva Abellariza colle impulso.
- Unha Abellariza para que non todo sexa fútbol por Ponteceso
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Abellariza