Abelleira e Independiente pelexan polo liderado do 39º Campionato de Barrios de Esteiro


Vai collendo marcha o torneo de verán máis auténtico da Costa. O Campionato de Barrios de Esteiro, xa pola 39ª edición, xunta cada fin de semana, ducias de persoas no Xosé Luis Vara, para ver aos Tal, Abelleira, Independiente, Ciclóns, Carallo Santo, Praias de Raimundes e Cánchester. Os 7 equipos manteñen unha forte pelexa por chegar á “final four”, e por estar, o 15 de agosto, na gran finalísima.
Por agora, e tras case mes e medio de competición, o Abelleira mantese líder. Os celestes mantéñense como un dos favoritos despois do título do ano pasado. Non perderon partido e suman 3 puntos maís que un Independiente con gañas de loita, pois ten un partido menos tamén e no choque entre ambos, o marcador quedou en táboas. Parece unha fermosa pelexa que pode vexamos na final.
Con eles, Cánchester e Ciclóns parecen os mellores situados para meterse nas semis.
Por abaixo, o Praia de Reimundos loita por evitar a “culler de pau”, ese trofeo que “honra” ao pechacancelas. 1 puntiño contan os laranxas, e esperan poder coller ao Tal ou o Carallo Santo.


A Gala do Fútbol da Costa
O Congreso de Adestradores
- Un congreso en Carballo para profesionalizar o Fútbol galego.
- O máis selecto do fútbol estatal, en Carballo.
Novas relacionadas
- 2014: O Independiente, campión do Campionato de Barrios de Esteiro 2014.
- 2014: O Cánchester cambia a cuchara de madeira polo liderato do Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2013: O Campionato de Barrios de Esteiro, unha competición singular.
- 2012: Un Ciclón arrasou no Campionato de Barrios de Esteiro.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).