Aberto o prazo de inscrición para a Liga de FS de Cee mentres o Lira estrea equipo feminino
Este sábado poderemos ver a estrea dun novo equipo de fútbol sala feminino da Costa da Morte. Aos Fisober, Concello de Ponteceso e Vila de Cee unímoslle agora o Concello de Carnota-Lira FSF. Un equipo que competirá na Liga Provincial con Vila de Cee, Fisober B e Concello de Ponteceso, arrincando a competición o vindeiro 27 de setembro.
Pero antes, estreará camiseta no I Torneo de Fútbol Sala Feminino Concello de Ponteceso, que se celebrará o vindeiro sábado 20 de setembro no Pavillón Municipal de Ponteceso e que contará co Ponteceso Fsf como equipo anfitrión e co Fsf Villa de Cee , SD A Baña e Lira FSF como equipos invitados. Só botamos de menos representación vimiancesa...
O Vila de Cee FSF busca xogadoras
O Fisober, segue adiante na Copa Xunta
O Fisober xoga este sábado día 20 as 20 horas no coruñés Pavillón de Cocheras (zona de Os Rosales) o seu segundo partido da Copa Xunta. Neste caso o seu rival será o actual Campión Autonómico Galego o Hércules, que conta cun plantel de gran experiencia e calidade. As da Costa tentaran seguir mellorando e disfrutando de minutos nesta pretempada de cara o comezo de Liga que será o vindeiro 4 de Outubro. É o segundo partido desta competición para o Fisober despois da gran imaxe i esforzo amosado no anterior partido de Copa Xunta fronte o Viaxes Amarelle no cal caeron pola mínima. No último partido desta competición o Fisober enfrontarase o Cidade da Burgas equipo que xa deu comezo a súa competición na División de Honra co cal aínda non hai data para o enfrontamento. Noutra orde de cousas continúan os adestramentos das categorías inferiores do Fisober que se realizan os venres as 18 horas no Pavillón Municipal de Vimianzo, si algunha rapaza está interesada pode pasar por alí nese horario ou preguntar en : [email protected] ou no 635436173.Aberto o prazo para a Liga de FS de Cee
Ata o 30 de setembro está aberto o prazo de inscrición para os equipos que queiran participar na Liga de Fútbol Sala de Cee. Coma sempre, terá dúas divisións, cun máximo de 10 equipos por liga.
Xa poden inscribirse e pedir máis información, chamando a Juan, como non, no 645 137 338.
Novas relacionadas
- Un comezo deportivo para o Vila de Cee FSF.
- Patri Romaní e Eva Lema comezan unha nova etapa na máxima categoría do Fútbol Sala Feminino.
- Crónica dunha primeira gran tempada do FSF Vila de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).