Domingo. 23.02.2020
El tiempo

Aberto o prazo de inscrición para a primeira carreira pedestre de Malpica

Aberto o prazo de inscrición para a primeira carreira pedestre de Malpica
primeira carreira pedestre concello de malpica O concello de Malpica acaba de abrir o prazo de inscrición para a 1ª Carreira Pedestre que terá lugar o sábado 10 de setembro ás 18.30 horas. A organización corresponde á concellería de Deportes, que dirixe Iago Espasandín. A Carreira Pedestre concello de Malpica nace coa intención de fomentar a actividade física como parte dun estilo de vida saudable. Poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos que o desexen. A inscrición pode realizarse a través da plataforma www.championchipnorte.com. A cota é de 3 euros para os atletas que posúan chip e de 4 para os que precisen alugalo. No caso dos menores de idade requírese, ademais, autorización paterna. O prazo de inscrición rematará o 6 de setembro. As persoas interesadas poden solicitar máis información no departamento de Deportes de concello de Malpica. Categorías Haberá catro categorías: xuvenil (nados/as nos anos 1999 e 2000), sénior 10K (1977-1998), veteranos M40 (1967-1976) e veteranos M50 (anteriores a 1966). Todos os participantes, tanto masculinos coma femininos, terán que percorrer unha distancia de 8.650 metros nun tempo máximo de 1 hora e 30 minutos. A carreira sairá da praza Villar Amigo e continuará por Eduardo Vila Fano, Rúa do Porto, Dársena, Camiño do Río, Eduardo Vila Fano, Guardia Pardines, Paseo da Praia, Rúa Canido, Cancela de Areas, Seaia, Estrada á Praia de Seaia, Instituto Urbano Lugrís, Estrada de Santo Hadrián ata a capela, Camiño do Santo, Canido e chegada no Paseo da Praia. “Este traxecto permítenos combinar dureza, con varios cambios de superficie, e paisaxe, xa que as vistas durante o percorrido son espectaculares”, sinala Iago Espasandín. Os controis de cronometraxe realizaranse mediante chip, cuxo uso será obrigatorio para todas as categorías, ao igual ca o de dorsais. As persoas inscritas poderán recollelos o mesmo día da carreira, de 10 a 13 e de 15 a 17:45 horas, no centro Cívico de Malpica, que funcionará tamén como gardarroupa. Así mesmo, o concello de Malpica porá a disposición dos participantes o pavillón polideportivo para que poidan cambiarse e ducharse. Haberá trofeos para os tres primeiros/as en cada categoría e tamén para o primeiro e a primeira clasificados de Malpica. A oferta de Malpica complétase coa dos outors oito concellos da bisbarra acollen nos vindeiros meses o IV circuíto provincial de Carreiras Populares promovido pola área de Deportes da Deputación da Coruña; ainda que algunha delas xa pasaron. Calendario
  • Ponteceso: III CARREIRA PEDESTRE PR-G 148 – 12/06/2016
  • Carballo: VI 10 KM CARBALLO – 19/06/2016
  • Cee: III CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CEE 2016 – 25/06/2016
  • Muxía: III CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MUXÍA – 10/07/2016
  • Carnota: XXV CARREIRA DAS AREAS – 21/08/2016
  • Corcubión: XV CARREIRA POPULAR VILA CORCUBION – 17/09/2016
  • Cabana: III CARREIRA POPULAR DOLMEN DOMBATE – 24/09/2016
  • Fisterra: III CARREIRA POPULAR CONC FISTERRA – 18/10/2016
Novas relacionadas: Fonte

comentarios