Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Aberto o prazo de inscricón para a II carreira pedestre de Malpica

Aberto o prazo de inscricón para a II carreira pedestre de Malpica
Xa está aberto o prazo de inscrición para a II carreira pedestre concello de Malpica que se celebrará o vindeiro 10 de setembro e que está organizada pola concellería de Deportes. A inscrición pode realizarse a través da plataforma championchipnorte.com. A cota é de 4 euros, un dos cales irá destinado á asociación española contra o Cancro. Os/as participantes que non teñan chip poderán alugalo por 1 euro. As carreiras infantís son gratuítas. Unha das particularidades da carreira é que haberá dous percorridos: un de 10 quilómetros  - nacidos no ano 2001 e anteriores - e outro de 5 quilómetros - 2003 e anteriores -, aos que se suman este ano tamén as categorías infantil (2004-2005) e alevín (2006-2007), benxamín (2008 a 2011) e biberón (2012 e posteriores). A carreira principal sairá da praza de Anselmo Villar Amigo por Eduardo Vila Fano, rúa do Porto, Dársena, Camiño do Río, Eduardo Vila Fano, Guardia Pardines, Paseo da Praia, Canido, Cancela de Areas, Seaia, estrada da praia de Seaia, IES Urbano Lugrís, estrada de Santo Hadrián ata a capela, Camiño do Santo, Canido e Paseo da Praia, onde estará situada a meta. “Este traxecto permítenos combinar dureza, con varios cambios de superficie, e paisaxe, xa que as vistas durante o percorrido son espectaculares”, comentou o concelleiro de Deportes, Iago Espasandín. Infantís e alevíns percorrerán 2.000 metros; benxamíns, 700 metros, e biberóns, 100 metros. As probas de 10.000 e 5.000 comezarán ás 11 horas, e a partir de aí celebraranse as demais. Todos os participantes contarán con seguro, e ademais disporán de servizos de ducha e gardarroupa, avituallamento e unha camiseta como agasallo. O concello de Malpica porá a disposición dos participantes na carreira o pavillón polideportivo para que se podan cambiar e duchar, así como un servizo de gardarroupa na Oficina de Información Turística, onde tamén se recollerán os dorsais e chips ou ben o sábado 9 de 17 a 20 horas ou ben o propio día da carreira a partir das nove da mañá. Fonte

Comentarios