Aberto o prazo para unha nova Liga de FS de Corme

06:09 06/10/18

A AD Vila de Pondal, nomeadamente o valeroso Pedro, xa se pon en marcha para organizar unha nova e intensa Liga de Fútbol Sala de Corme. O Pavillón de Corme acollerá os partidos de liga os sábados pola tarde, coma sempre, a partir do vindeiro 10 de novembro.
As inscricións están abertas ata o 31 de outubro, hai un máximo de 24 equipos, e xa o poden facer no 630 172 986.
A reunión informativa e sorteo das ligas será o 2 de novembro ás 22:00h no pavillón cormelán.
Veremos se o Transportes Cotelo vai atopando rival.