Venres. 26.04.2024
El tiempo

Adrián Makaay, o faro que guía ó Fisterra

Adrián Makaay, o faro que guía ó Fisterra
Está na punta do ataque, esperando calquera balón para facelo bicar as redes da portería. Os seus compañeiros sábeno, os rivais sábeno tamén. É como unha serpe de picadura mortal, á que todos temen, e na que os seus confían totalmente. Adrián López López, de apodo o de aquel holandés do gran Deportivo, sembra o pánico nos campos de 1ª Galicia novamente, e guía ó Fisterra hacia cotas impensables. A Preferente? Por que non? Sempre coa cabeza no col e esa mirada asesina QPC - Estás en vena goleadora. Serás o Mackay de fai dous anos na 1ª Galicia? No,pero gustaríame. Daquela podía adestrar tódolos días e estaba ben físicamente. Agora arrastro unha lesión da que non don recuperado e ca que teño que convivir, ademais de por temas laborais non poder adestrar apenas. QPC - Empezastes frouxos de resultados pero con bo xogo. Agora os resultados están a facer xustiza ó voso fútbol. Onde está o límite do Fisterra este ano? A verdade é que os primeiros partidos merecemos ter algún punto mais por xogo, aínda que si vemos a clasificación foron partidos contra rivais que tamén están arriba. Quizais non fui casualidade que nos costara metela. O límite está donde nos queiramos. Hai bo grupo, bos xogadores xóvenes e si seguimos traballando coma hasta ahora quizais poidamos estar en maio arriba de todo. QPC - Este ano produciuse a volta de varios xogadores fisterráns que estabades espallados por outros equipos. Por que se produciu este regreso? A verdade non hai un porqué. Hai días na vida nos que un ten que decidir. Falamos entre nos de que quizais este era o momento, por idade e algunhas outras circunstancias e douse así. E de momento estamos todos moi contentos. QPC - Ves un Fisterra en Preferente? Vexo un Fisterra pelexando por estar en Preferente. O resto e soñar esperto. Nunha liga na que solo sube un e o outro promociona, é moi atrevido decir que sí me vexo. Non dubido de que equipo para logralo hai, pero esto e muy largo e veñen meses jodidos. QPC - Todos en Fisterra teñen no recordo aquel Fisterra dos 80, e máis aquel outro das tres finais de copa de Noe, Pesca, os irmáns Docabo... seredes vos o terceiro gran equipo fisterrán da historia? Fai mais de 30 anos que o Fisterra non estaba segundo en 1ª Galicia e algún dos que xoga agora aínda non nacera entonces. Queremos igualar e superalos, claro. QPC - Que sabor de boca che quedou de marchar de Dumbría cun descenso? Despois do ben que o pasamos alí e de todo o que conseguimos foi unha pena ter que marchar así. O ano pasado douse todo mal e aínda así o grupo permaneciu unido ata o final, iso é co que me quedo. QPC - O sábado volves ó Conco. Que sentirás ó saltar a ese campo no que deches tantas boas tardes de fútbol? Será moi especial. Xa o viíin unha vez e desta será mais especial aínda. Teño moitos amigos alí, xente coa que falo a diario e a que lle deseo o mellor, xente coa que saímos de festa xuntos e que compartimos moitos momentos, bos e malos,  xuntos. Será difícil ter que enfrentarme a eles, pero o que pasa no campo queda no campo e despois tan amigos. A partir das oito da tarde deséxolles o mellor, antes que fallen todo o posible 😂😂😂 O sábado estes dous non estarán en tan boa sintonía durante o derbi

Comentarios