Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Alejo, o retorno do pichichi

Alejo, o retorno do pichichi
Pensamos que o perdéramos. Xa antes por outras circunstancias, lesións desafortunadas, tivemos esa sensación con Alejo, a de que non volveríamos a ver a súa calidade e olfato goleador. Esta vez por temas de traballo, pero a Alejo pódelle máis o tremendo gusto que ten polo que é a súa vida, o fútbol, e como non, no seu pobo, Corme, onde é un ídolo. A pesar da cercanía quedan lonxe os infinitos goles do ano pasado, pois agora as prioridades son outras, pero dende logo cando se viste de corto o gol está na súa cabeza. O Corme parece que está empezando a andar ben, e este domingo goleou ó Lira marcándolle 9 tantos, cifra inusual nos tempos que corren. Despois de 4 partidos cos do Cairo, esto foi o que nos contou sobre as súas sensacións. Alejo unha estrella en Corme Alejo, toda unha estrela en Corme QPC - Como son estos primeiros partidos despois de volver ó fútbol? Pois indo pouco a pouco porque como quen di, empecei de cero. Foron 6 meses sen xogar e queiras ou non todo se perde. QPC - Veremos ó Alejo do ano pasado, goleador de records? A única meta que me propoño este ano non é outra que non lesionarme. De cara a gol e verdade que non vou chegar ó nivel do ano pasado, pois é moi complicado debido a que solo levo 3 partidos xogados e voume perder bastantes polo traballo. QPC - Que Corme te atopaches na túa volta? Creo que aínda non demos cun sistema definitivo, pois pode que foramos algo irregulares. O adestrador é novo e aínda nos temos que coñecer. Esperemos que agora na segunda volta volvamos a ser un equipo máis sólido e regular e que poidamos competir en todos os campos a un bo nivel. QPC - Estades a ver a chegada ó fútbol senior dunha xeración de xogadores de Corme que seguro dará que falar. Hai un certo paralelismo co que pasou cando ti, Lucas, Pandi... chegastes arriba, non cres? Veñen rapaces cunha calidade incrible. Estano a demostrar en xuvenís e estou seguro que tamén o van a facer no primero equipo, as cualidades dende logo téñenas. Agora xa forman parte da plantilla e calquera pode ser titular. QPC - Que rol adoptas ti con respecto a eles como veterano do grupo? Si eu son veterano, ¿ Alejandro, Toniño, Diego, Javi Peón, Suso que son? Jajaja. Somos un equipo con xente xoven e tamén veterana, somos un bo grupo. QPC - O Corme tiña 2 notables baixas con respecto ó ano pasado, ti e Brais. Ti xa estás de volta, seguro que o equipo o nota. Buscaremos competir todos os partidos que teñamos. Temos a baixa do xogador máis importante, como e a de Brais, e estase a notar moitísimo. Espero que volva pronto. QPC - Como se leva estar tanto tempo sen darlle patadas ó balón? Foi duro estar sin xogar, creo que foron 6 ou 7 meses sen pisar un campo de fútbol e sen tocar un balón. Pero o mais importante para min foi atopar o traballo donde estou agora. Traballo a turnos de mañan, tarde e noite incluidos fins de semana polo que habrá domingos que non poida xogar. QPC - Veremos a Alejo xa só en Corme, ou aínda albergas esperanzas de xogar en categorías máis altas? Esta é a pregunta de todos os anos. Este verán foi algo movido. É verdade que chamaron bastantes equipos de Preferente e Primeira, sobre todo da zona de Ferrol, onde estou traballando ahora. ¿Pero onde vas estar mellor que no equipo do teu pobo? Calidade, gol e fidelidade a unhas cores, que máis se pode pedir

Comentarios