Xoves. 02.04.2020
El tiempo

Alex Pri, pólvora para o Volantes de Baño

Alex Pri, pólvora para o Volantes de Baño
Deuse a coñecer na Costa durante a súa etapa no Sofán, un ano que culminou cun ascenso a Preferente. Pero o de Bertamiráns xa destacara antes no equipo do seu pobo, ese Bertamiráns B que fixo grandes campañas en 1ª Galicia. Tras dous anos en Sigüeiro, as circunstancias traeno de volta á Costa, esta vez para enrolarse no ambicioso proxecto do Volantes de Baño. Xogador de ataque incansable na busca do gol, home de fútbol as 24 horas do día, os de Baño levan unha xoia, a Alex Pri. Alex Fernández, que lle pregunten en Baño por que o de Pri QPC - Como foi o de firmar no Volantes? Sil xa contactara comigo na pretemporada, e a pesar de que a proposta era moi atractiva, decidín apostar por renovar en Sigüeiro, xa que era tamen un proxecto moi ambicioso. Pero xa coa tempada iniciada volvemos falar e chegamos a un acordo para incorporarme. Algún amigo que coñece ben o club recomendoume encarecidamente que non o dubidase, e nestes primeiros días xa estou sentindo un trato moi cercano por parte de xogadores, directiva e corpo técnico, o que me fai pensar que non me equivoquei coa decisión. QPC - Sempre che chamou a atención a Liga da Costa, e por fin vas a xogala. Xogar na liga da costa era algo que quería facer sí ou sí antes de retirarme. Na miña zona sempre miramos con certa envexa a maneira de vivir o fútbol na costa, tanto a nivel afección como a nivel mediático. É certo que xa estivera un ano na SD Sofán, onde por certo xa me trataran como se fose da casa, aínda que ao estar en 1ª Galicia non era a propia Liga da Costa. Iso sí, xoguei a Copa da costa ese ano e hai que decir que ten un ambiente especial. QPC - Por que abandonas Sigüeiro coa tempada empezada? Este ano en Sigüeiro apostouse moi forte polo ascenso a Preferente, e fixéronse grandes fichaxes que están rendindo moi ben. Iso, unido a que estiven dous meses lesionado, fixo que non puidese entrar no equipo tanto como me gustaría e que, desta maneira, tomase a decisión de abandonar o equipo. Mediteino moito e voume con certa pena por deixar atrás a grandes persoas e compañeiros como Juanito, unha experiencia única a de poder compartir vestiario con el. QPC - Que esperas aportar ó equipo de Sil? Aportarei traballo e compromiso, como sempre fixen en tódolos clubes nos que estiven, Non entendo o fútbol doutro xeito. E no plano mais deportivo, podo aportar entrega, velocidade en ataque e algún que outro gol...espero (risas) QPC - Como gran amante do fútbol que eres, seguro que xa tes toda a información de como vai a Liga da Costa, e de cales son os equipos que serán os vosos rivais na zona alta. Gústame seguir tódalas ligas afeccionadas e a da Costa non ía ser unha excepción. Penso que cos novos reforzos de Berto e Jano, xunto co plantel amplo e de calidade que xa había, podemos pelexar por engancharnos á zona de arriba, aínda que non será doado e teremos que traballar moito para conseguilo. Para min Mazaricos e Corme teñen grandes equipos, e son a priori favoritos por clasificación, pero nunca se sabe. Pelexaremos por alcanzalos e ilusionar á nosa afección. QPC - Unha pena que todavía non poidas debutar por unha inoportuna lesión. A verdade é que foi mala sorte: foi no meu partido de despedida do Sigüeiro, en Fisterra, xusto antes de pitar o árbitro o final do encontro, nun choque cun rival caín ao chan e fracturei un óso da muñeca. Se todo vai ben, conto con estar de volta adestrando en dúas semanas, na xornada que nos enfrontamos ao Baiñas. E, se o mister o considera oportuno, xa poderia debutar esa mesma fin de semana.

comentarios