Luns. 22.04.2019
El tiempo

Amarelle Santa Comba, Fisober e Ponteceso xóganse en Santa Comba a Copa Primeira Galicia

Amarelle Santa Comba, Fisober e Ponteceso xóganse en Santa Comba a Copa Primeira Galicia

Volverá o pavillón de Fontenla acoller un campionato galego. Este sábado 2 de xuño, o pavillón xalleiro acollerá Play Off de Copa Primeira Galicia Feminina. Unha cita con claro acento costeiro pois 3 das 4 finalistas son das nosa comarca.

Nunha cita organizada polo Amarelle Concello de Santa Comba, que contará co Fisober FSF de Dumbría e o Concello de Ponteceso FSF; ademais do actual campión da liga, o Sport Sala Culleredo FS.

A xornada abrirase ás 10:30 horas co enfrontamento entre o Sport Sala Culleredo FSF, que foi o campión de liga con só unha derrota en toda a competición regular e na fase previa con pleno de vitorias, contra o Fisober FSF de Dumbría, que tras unha tempada irregular sorprendeu na fase previa de Copa para meterse nesta final a catro tras impoñerse a rivais moi serios na fase previa; posteriormente ás 12:30 horas chegará a quenda do anfitrión, o Amarelle Concello de Santa Comba, que acumula unha gran racha de vitorias consecutivas que lle permitiu quedar nunha meritoria segunda praza na liga regular e na fase previa impúxose aos tres rivais cos que se enfrontou, e agora medirase contra un complicado Concello de Ponteceso FSF, que na competición regular terminou na cuarta posición e na fase previa foi capaz de sorprender ao Melide FSF e arrebatarlle un posto neste play-off.

Tras un breve descanso, a actividade volverá ao Municipal de Fontenla ás 16:30 horas onde os nenos das Escolas de Fútbol Sala de Santa Comba de categoría prebenxamín farán un partido de exhibición; posteriormente ás 17:30 horas será a quenda dos benxamíns e alevínss noutro partido de exhibición; todo iso que servirá de previa á final de Copa, onde se medirán os dous campións das semifinais da mañá a partir das 19:00 horas.

Á finalización do último encontro, realizarase o acto de entrega de trofeos, onde se fará entrega de trofeos a todos os equipos participantes, así como un detalle por parte do Concello de Santa Comba aos nenos das Escolas que participaron nos encontros de exhibición.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/fsf-fontenla-acolleu-unha-cita-copeira-de-altura-mentres-o-villa-de-cee-non-puido-evitar-o-descenso/

Comentarios