Análise e resultados dunha fin de semana quente no fútbol da Costa
Nova fin de semana chea de emocións, e calor, no Fútbol da Costa. Unha fin de semana especial para QPC, pois este domingo estivemos no Galicia en Goles Fin de semana promocionando a III Gala do Fútbol da Costa e mais sorteando un Álbum completo. Sorteo que, por certo, levou o noso amigo Wash Calvo. Parabéns para el, pois malia que xa tiña o seu rematado, seguro que atopa un sobriño ao que regalarlle este tesouro.
Imos repasando as competicións que aínda quedan en liza.
Copas da Costa
Intensos os derbis das semifinais Copa da Costa. Dous partidazos xogados cunha abafante calor no que o Cee puido aguantar a todo un Dumbría mentres que o XSC tivo un pouco máis que o Castriz e leva unha renda que pode ser moi válida para a volta en Fontenla.
E impresionantes tamén as Semifinais da Copa de Veteranos. Cunha relativa sorpresa ademais, pois o Erbecedo deu conta na casa dun dos favoritos, o Soneira. Ademais, o Zas e o Dumbría empataron sen goles e o deixan todo para a volta. O martes traeremos a crónica completa.
Escándalo na Fase de Ascenso á 1ª
Tremendo o asunto da Promoción de Ascenso. O Sofán emitía un duro comunicado esta semana ante unha situación na que o Val do Ulla sumou 9 puntos en 3 partidos, dous deles nos despachos. Esta semana, o cadro carballés fixo os deberes, e venceu en Sálvora, estando agora obrigado a convertir a vindeira fin de semana o Carral nun fervedoiro pois ten que vencer por, alomenos, 3-0 ao Val do Ulla.
Fases de ascenso base
Logo do ascenso do XSC Cadete, quedan 2 equipos en liza. E unha de cal e unha de areal para ambos. O Dumbría Xuvenil comezou de xeito impecable en Viveiro, cunha vitoria pola mínima, e está a 3 pasos do ascenso. O que case que dixo adeus ao ascenso foi o equipo ceense de infantís, que caían por 0-3 ante o Rayo Sadense e moito terán que cambiar as tornas para superar esta semifinal.
E temos que felicitar ao Dumbría Infantil, que conseguíu manter a categoría na Liga Galega, ao empatar co Xuv. Oroso, o que era o seu rival directo. O cadro de Pablo Conde seguirá un ano máis en categoría autonómica, demostrando o potencial dumbriés, cun equipo cadete na máxima categoría e un cadro xuvenil pelexando polo ascenso á Liga Galega.
O Cabana comanda as Ligas Biberóns Norte
E esta fin de semana decidíronse as Ligas Benxamín e Alevín Norte que determinarán ademais os finalistas na I Copa dos Biberóns. Así que xa temos os 8 equipos de cada categoría que estarán o día 21 en Outes.
Ademais, temos campións do Norte, e foi o Cabana o campión de Alevíns, a pesar de ter que descansar esta xornada, aproveitándose da derrota do Vimianzo ante o Coristanco. Un Coristanco ao que lle valeu a vitoria para meterse na Fase Final da Copa.
Con Cabana e Coristanco tamén estarán na Final de Copa Alevín, Vimianzo e Corme, que se enfrontarán aos 4 primeiros do Sur, o campión, Dumbría, cos Fisterra, Outes e Os Miúdos A.
Ademais, en Benxamíns, no Sur xa estaban listos, o campión Outes, e os Fisterra, XSC A e Os Miúdos A. Agora, co título do Cabana listo dende hai varias xornadas, estarán en Outes o Sofán, o Corme e o Coristanco.
Copa da Costa, Ida das Semifinais
- Podedes ver como queda o cadro actualizado en www.copadacosta.com.
Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 5
- Podedes ver como queda o cadro actualizado en www.copadacosta.com.
Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil
0-1 | Viveiro - Dumbría | - |
- O Dumbría pasou e ten que superar aínda esta e outra eliminatoria para ascender.
- O UC Cee ten que pasar esta e outra eliminatoria para ascender.
- O Dumbría mantén a categoría. O XSC descende.
- Descansa Cabana.
- Podedes ver como queda o cadro completo en www.copadacosta.com.
- Os cadros das Copas e as Fases de Ascenso en: www.copadacosta.com.
- www.futboldacosta.com.
- Facebook “Fútbol da Costa”.
- Comunicado do Sofán por un posible trato de favor co Val do Ulla.
- Copa Veteranos: Os Cuartos deixaron fóra a varios favoritos.
- Fases de Ascenso: O XSC xa é de Liga Galega e Dumbría Xuv. e Cee Inf. dan un paso adiante.
- O Sofán denuncia un escándalo na Promoción mentres celebra a festa Solidaria das Vermellas.
- Copa da Costa: Doble derbi para as Semifinais.
- O Cánchester cambia a cuchara de madeira polo liderato do Campionato de Barrios de Esteiro.
- Análise e resultados dunha xornada con Copa e o ascenso consumado do XSC Cadete.
- Festa interxeracional de todo o pobo para celebrar os 50 anos do CD Baio.
- Fran Hermida volverá ser A Voz do Fútbol da Costa.
- O cartel definitivo da Gala do Fútbol da Costa: De patrocinadores e premios.
- En marcha a III Gala do Fútbol da Costa.
- 2013: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.
- As Ligas Benxamín e Alevín Norte rematan decidindo a I Copa dos Biberóns.
- Marea de torneos para este comezo do verán.
- Redacción de QPC ([email protected]).
Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil
0-3 | Cee - Rayo Sadense | - |
Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 18
Oroso | 1-1 | Dumbría |
XSC | 0-3 | Boiro |
Liga Alevín Norte, xornada 18
As Baleas | 5-2 | Sofán |
Baio | 2-1 | EF Corcubión |
Corme | 10-2 | Muxía |
E.M.F. Vimianzo | 3-4 | Coristanco |
Liga Benxamín Norte, xornada 18
As Baleas B | 2-6 | Cabana |
As Baleas A | 2-6 | Sofán |
Baio | 14/06 - 17:00 | Ponteceso |
Corme | 1-4 | Muxía |
E.M.F. Vimianzo | 2-5 | Coristanco |