Venres. 29.03.2024
El tiempo

APEM e Aspadex volven ao mar

APEM e Aspadex volven ao mar

Fantástica a proposta social desenvolta na ría de Corcubión polo Clube Marítimo Carrumeiro e a Escola de Vela Cataventos. Aproveitando as condicións da ría corcubionesa, continúan co proxecto "Encontros a vela Aspadex-Apem", a través do que os usuarios de ambos centros coñecen o mar de primeira man.

Tralo éxito do ano pasado, ducias de empresas apuntáronse ao proxecto, que fan posible a súa realización. Os usuarios compartiron este pasado xoves unha xornada de convivencia entre eles, e de achegamento ao mundo da vela. A suave brisa do sur e un gran ceo azul embeleceron a navegación e o sen fin de manobras que os veleristas, fachendosos, amosaban a todos os observadores que estaban no peirao de Corcubión.

Unha convivencia moi positiva en todos os aspectos a pesar das diferencias de personalidades entre os discapacitados físicos de Aspadex e os enfermos mentais da Apem. Simpática foi a foto de grupo, cos de Aspadex saltando e facendo o tolo, mentres que os tímidos alumnos de Apem calaban e miraban cara abaixo.
Pero sobre todo, o máis importante é que poden disfrutar, vivilo noso mar. De como o disfrutan só hai que falar coas monitoras dos centros, que nos contan como pasan semanas falando da experiencia cun sorriso espectacular.

Este pasado xoves, 7 embarcacións saíron ao mar da ría corcubionesa escoltados polos monitores de Cataventos, Noemí Bermúdez de Castro e Marcos Trillo. Na beira esperaban as cámaras da TVG para filmar a afrenta dos rapaces. Rifaron co vento todo o que puideron ata que a travesía volveu a amarrar no peirao.

A sesión nin parou aí. No Carrumeiro agardaba a Coral Airiños de Quenxe, coa voz preparada para cantar na entrega de premios. Os novos grumetes disfrutaron como ananos.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios