Aprendendo a vivir fútbol dende cativo con afección e respecto

08:07 28/05/15

Menudo torneo que ten armado o Sofán para esta fin de semana. O sábado 30 de maio, ao longo de todo o día o Carral acollerá o I Torneo de Fútbol Base da SD Sofán, no que participarán oito equipos do mellor da provincia da Coruña (Ural, Orillamar, Laracha, Paiosaco, Xallas, Dumbría, Cabana e o anfitrión, SD Sofán).
Un torneo que conta co apoio da Fundación da LFP, para seguir espallando o lema: “Afección + Respecto: Vive o fútbol”. Unha campaña que quere acabar coa violencia verbal no deporte a través da educación.
Novas relacionadas
- Louro, Santa Comba e Sofán acollerán novos torneos estivais.
- Primeira fornada de torneos de básket en Santa Comba, F7 en Zas, e FS en Vimianzo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).