Arrinca a I Copa da Costa Cadete
Onte acordábase en Baio o comezo da I Copa da Costa de Cadetes. Unha primeira Copa que comezará este mesmo sábado 14 de setembro, dado que a competición ligueira non o fará ata o 2 de novembro, e deste xeito os equipos poden comezar a rodarse. A proposta foi realizada polo Cabana ante a retirada do Ponteceso e o retraso no comezo da Liga.
A I Copa da Costa Cadete desenvolverase en dúas fases. Unha primeira de liguiña a dobre volta, con catro grupos (dous de catro e dous de tres equipos), dos que se clasifican os dous primeiros para a segunda fase. Esta segunda fase xa será en eliminatorias a partido único ata a final.
Realizado o sorteo dos grupos da primeira fase, quedaron así conformados (xogarán do 14-09 ao 19-10), tralas retiradas do Corcubión e do Carnota:
Grupo 1 | Grupo 2 | Grupo 3 | Grupo 4 |
As Baleas FS | SD Fisterra | Muxía CF | CF Outes |
UC Cee | CD Baio | Sp. Zas | SD Cabana |
SD Muros | SCRD Esteirana | SD Coristanco | Xallas Santa Comba CF |
O Horario oficial será os sábados as 10:30, agás Muros e Zas que en casa xogarán os sábados ás 16:00 e o XSC, que pedíu xogar os domingos ás 10:30.
Esta fin de semana do sábado 14 de setembro, temos os seguintes partidos:
- G1: Muros- As Baleas (10:30 (descansa Cee).
- G2: Fisterra-Esteirana (10:30) (descansa Baio).
- G3: Muxía - Coristanco (Aprazado) (descansa Zas).
- G.4: Outes - XSC (10:00h) (descansa Cabana).
A partir de aí, os emparellamentos dos cuartos, semifinais e final, que se xogarán a partido único no campo do citado en primeiro lugar, serán así:
- Cuartos de Final (26-10-2013):
- A) 1º Grupo 3 vs. 2º Grupo 4;
- B) 1º Grupo 4 vs. 2º Grupo 1;
- C) 1º Grupo 1 vs. 2º Grupo 2;
- D) 1º Grupo 2 vs. 2º Grupo 3. - Semifinais (04-01-2014):
- I) Vencedor A) - Vencedor B);
- II) Vencedor C) - Vencedor D) - Final (01-05-2014): Vencedor I) - Vencedor II.
Hoxe completaremos o cadro completo de partidos da primeira fase.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: Arranca a Liga da Costa con gran igualdade.
- 1ª Autonómica: Bo debut.
- Preferente: O primeiro derbi sáldase cunha relativa sorpresa.
- Resultados e análise da xornada no #FútboldaCosta.
- A Segunda da Costa ponse en marcha.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Cadros da Copa da Costa 2013 e das Fases de Ascenso.
Artigos relacionados
- Pablo Varela: O Corme C.F. busca dar un paso máis como referente do bo xogo na Liga da Costa.
- #regateegol: Anxo Garrido volve con máis entrevistas nas que podes participar.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes ([email protected]).
- CD Baio.