Arrinca o Desafío do Atlántico: “O Mirador do Ézaro é un monumento do ciclismo internacional”

Xa estamos na recta final. Este mércores presentábase oficialmente na Coruña a II Marcha Cicloturista Desafío del Atlántico. Unha proba que nacía coa chegada da Vuelta ás nosas costas, e que xa é unha referencia no panorama nacional. Unha proba que ademais engrandece a figura do Alto do Mirador do Ézaro como un dos picos sacros para o pelotón español.

A cita, xa sabedes que será o vindeiro sábado 7 de xuño con saída e chegada no Mirador do Ézaro.

Na presentación na Sala Bergin déronse cita recoñecidos nomes, entre os que podíamos ver aos ciclistas Ezequiel Mosquera, Gustavo César Veloso ou Álex Marquez, o costeiro Vicente Formoso “Triki”, o incansable Víctor Tasende, os humoristas Marcos Pereiro e o mazaricán Federico Pérez Rey, ou o xornalista corcubionés da Radio Coruña Cadena Ser e gran amante do ciclismo Fran Hermida.
Foi o periodista da Radio Galega Pedro Pablo Alonso o encargado de dirixir a presentación desta edición, que xa ten a día de hoxe 221 inscritos.

O actual gañador, Ezequiel Mosquera, lembrou que “este é o ano de consolidación da proba”. Tasende incluirá a “ideal” proba no seu “Gran Mes Tasende”, mentres que Pereiro puxo a nota do humor e asegurou que vai sorprender a propios estranos coa súa gran subida…

Deporte, saúde, e tamén promoción

Foi un dos responsables, Gustavo César Veloso, o que lembrou a importancia da proba a nivel de promoción turística. “O Mirador do Ézaro é un monumento non só do ciclismo nacional, senon internacional”.

A Ruta

Xa podedes ver minuto a minuto o Rutómetro do Desafío del Atlántico 2014:

Terio Carrera e Fede Rey Pérez presentaron o vídeo promocional, que traeremos os vindeiros días. Polo de pronto, deixámosvos cun dos vídeos que serven para sentir a emoción do ciclismo:

Novas relacionadas

  • Alfredo Relaño: “Non coñecía este emprazamento privilexiado ata que o ciclismo o ensinou ao mundo”.
  • Dumbría, único concello costeiro no Circuito Provincial BTT.
  • Aberto o prazo de inscrición para o Desafío del Atlántico.
  • Dumbría subiuse á bici de montaña.
  • Un 2014 sen Vuelta pero cun gran Desafío del Atlántico.
  • Carnota pensa na II Carreira Viquinga e a III Ruta BTT para a Semana Santa.
  • A tregua meteorolóxica permitiu un espectáculo de primeira no Ciclocross de Dumbría.
  • 2013: Volta a España con Final na Fin do Mundo.
  • 2013: O tempo non foi Desafío abondo para o pelotón.
  • Fonte