mércores. 30.04.2025
El tiempo

Arrincou a tempada para o basket costeiro con boas sensacións

Arrincou a tempada para o basket costeiro con boas sensacións
As Senior do ACB ante o Calasancias As Senior do ACB ante o Calasancias

Dúas grandes vitorias e dúas derrotas son o balance para o equipo de baloncesto ACB Costa da morte que comeza a temporada con moi boas sensacións en todas as categorías de cara a temporada que comeza.

Ademais, pola capital bergantiñá, doble derrota para o Carballo Basket e os Junior do Artai.

 

3ª División Sénior Masculino, xornada 1

  • Resultado: FUCOBET BETANZOS - ACB COSTA DA MORTE (75-39)
  • PARCIAIS: 26-8 / 18-10 / 7-10 / 23-11

Arranque da temporada na renovada 3º División masculina de baloncesto para o equipo sénior do ACB Costa da morte, que presenta un plantel renovado con tres caras novas, Gonzalo, Iván e Alfredo naturais de Sta. Comba melloran o plantel do ano pasado, e no primeiro partido realizaron unha gran labor. O equipo presentouse cas baixas de Pais e Sergio por lesión.

Na mañá do domingo o equipo da costa se enfrontaba no seu debut na categoria ao quizais mellor equipo da liga, o de Betanzos, que conta cun gran dominio físico no interior cuns xogadores dunha considerable estatura. Un bo inicio nos primeiros minutos dos visitantes dou lugar a un comezo igualado pero cando os locais encontraron o aro con facilidade, gracias o dominio no poste baixo e a un alto porcentaxe desde a línea de tres dou lugar a unha ventaxa que foron capaces de administrar durante todo o encontro.

Pese a derrota, gran partido de Tinín e Adrian e unha gran defensa de todo o equipo nun salientable terceiro cuarto. O equipo non lle perdeu a cara o encontro saindo del con sensacions positivas de cara a dura temporada que ven por diante.

 

2ª División Sénior Feminina

  • ES BAZARRA ACB COSTA DA MORTE - AD CALASANCIAS (46-41)
As Senior do ACB Costa da Morte 15-16 As Senior do ACB Costa da Morte 15-16

Enorme e espectacular partido do renacido equipo sénior femenino. No seu inicio de temporada deron a sorpresa o gañar na tarde do sábado a o sempre correoso equipo coruñés de calasancias que se aferrou o partido ata o último segundo dando lugar a un partido igualadisimo que se decideu nos ultimo minutos.

O equipo ceense saltou a pista con gañas de mostrar o bo xogo mostrado no ultimo partido amigable de pretemporada e asi foi, púxose por diante desde o primeiro momento e baseado nunha gran defensa o equipo adestrado por Pais apoderouse das transicións rápidas como base do seu xogo e se impuxo claramente o equipo coruñés, tanto en defensa como en ataque.

Nos últimos momentos o equipo visitante tratou de remontar o partido presionando a toda pista e subindo a dureza da sua defensa, pero o maior nivel das costeiras decantou o partido o seu favor. Salientable partido de todas as xogadoras que contaron ca axuda de Tania e Lorena do equipo junior.

2ª División Junior Masculina

  • Resultado: CB CAMBRE - CUME CEE (30-58)
  • Cume Cee: Adrian (34, 3T), Cristian V, Diego (4), Nando 4, Cristian M. (12), Tomas, Luciano (4).

Comezou o equipo de Cee o partido dubitativo, tentando minimizar os erros, sin arriesgar balóns o que fixo que durante todo o encontro as perdas fóran mínimas.
O segundo cuarto foi de maior intensidade en ataque por parte dos dous equipos, o que deu lugar a que o marcador chegase o descanso con 23-31 a favor dos costeiros con todo por decidir. Despois do descanso e con variacións defensivas o equipo ceense se atopou moito máis cómodo, roubando moitísimos balóns en defensa e finalizando en rápidos contraataques.

A mesma tónica tivo o último cuarto cerrando unha segunda parte de ensoño (7-27) para o equipo da costa, comezando a temporada dunha maneira impresionante.
Reseñable actuación de Adrián, que con 34 puntos e tres de tres en triples liderou o aspecto ofensivo do equipo xunto cunha gran labor en defensa.

2º División Cadete Masculino

  • Resultado: DOMINICOS CORUÑA - ACB COSTA DA MORTE (57-51)

Derrota amarga do equipo cadete que estivo a punto de dar a sorpresa no arranque da temporada. Partido igualado de principio a fin pero xogar na casa sempre da un punto de vantaxa e os coruñeses con gran acerto o final do partido se levaron a vitoria. Pese a iso enorme partido dos cadetes que mostraron un bo nivel.

 

1ª División Masculina

  • Resultado: CD Recemil de Ferrol - Carballo Basket Xiria (69-62)
  • Carballo Basket Xiria (62; 17+12+17+16): Argüelles (3), Héctor (3), Roi (8), Tato (4), Cheik Kane (14) – Cinco Inicial- Guillamet (-), F. Cristóbal (1), Luis Gómez (5), Pablo Moreira (13).
O Carballo Basket 15-16 O Carballo Basket 15-16

Primeira derrota dos carballeses na tempada. O partido púxose costa arriba para os de Basilio Pampín no primeiro tramo do partido debido ás malas defensas e o desacerto ofensivo. Antes do descanso as accións individuais foron as que permitiron aos nosos remontar unha diferenza de 9 puntos mediado o segundo cuarto e irse ao descanso dous puntos por baixo no marcador (31-29).

Á saída do vestuario os carballeses afinaron o seu defensa; pero non así o seu ataque, desperdiciando oportunidades de poñerse por riba no marcador, provocando que a defensa decaese en intensidade pechando o cuarto na mesma diferenza coa que empezara (48-46). O último cuarto tampouco foi bo para os visitantes, xa que continuaron con escasa intensidade defensiva e desacerto de face ao aro, con todo, o partido chegou igualado aos últimos minutos pero a precipitación nas accións de ataque lapidaron as opcións dos nosos a levarse a vitoria pechando o encontro 69-62.

A próxima cita para o Carballo Basket Xiria será o vindeiro sábado día 24 ás 18 h. no Pavillón Vila de Noia de Carballo, que seguro que presentará unha gran entrada para recibir ao Basquet Coruña Leyma Natura.

 

Junior Masculino, 2ª División, xornada 1

  • Resultado: CB Artai - Compañía de María (33-60).
  • Parciais: 4-16; 14-32; 25-41; 33-60
  • CB ARTAI (4 10 11 8): Antonio (3), Javi (2), Marcos (4), Santi Pena, Nión, Iván, Pozas (12), Sergio (8), Santi Rei e Juan (4).
Os Junior do Artai Os Junior do Artai

Primeiro partido para o tándem Jordi Villar e Iván Latasa, os dous técnicos carballeses. E o primeiro escollo dos locais non era un rival fácil; a formación de Fernando Lagares mestura un poderoso xogo interior cunha boa batería de tiradores. Plantaron cara os carballeses pese ao mal primeiro cuarto (4-16) que condicionou o xogo dos artaicos. Pese á desventaja sempre loitaron e buscaron a remontada (acabaron o terceiro cuarto trece puntos abaixo). Pero no cuarto final, os coruñeses sentenciaron o partido cun parcial de 8 a 19.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • ACB Costa da Morte, Basket Xiria e Artai.

Comentarios