Venres. 26.04.2024
El tiempo

Arrincou con intensidade a XXIX de FS de Santa Comba

Arrincou con intensidade a XXIX de FS de Santa Comba
catedraticos-del-norte-liga-fs-santa-comba Os Catedráticos do Norte, formado por varios Veteranos do Xallas, comezaron con forza Xa temos en marcha a XXIX Liga de FS de Santa Comba. Este pasado xoves comezaba a 1ª xornada no Pavillón de Fontenla. Con horario nocturno como é habitual, 13 equipos competirán unha Liga a 2 voltas, coa intención de facerse co título e meterse na Copa. Esta pasada semana o que comezaba vencendo era o equipo Catedráticos do Norte, formado polos Veteranos do Xallas (Moreno, Pedro, o pichichi Moro... Entre os equipos, a priori, favoritos, podemos destacar aos actuais campións, A Taberna do Meu Compadre, O Boguiña, cun gran plantel, ou o Pizzería Mamma Mía. De feito, este luns hai partidazo co choque entre estes dous últimos. Hai que destacar ademais a incorporación dun equipo de Negreira, o Bar Fontana, que de seguro vai dar batalla. Xa temos o calendario actualizado en www.futboldacosta.com ata a 6ª xornada, coincidindo case que con fin de ano. Estaremos atentos ao resultados da man de Alberto Romar e Rupper. O Bar Fontana, un dos participantes na LIga de FS de Santa Comba O Bar Fontana, un dos participantes na LIga de FS de Santa Comba Buirus Boys Buirus Boys el-jugueton-na-liga-de-fs-de-santa-comba El Juguetón

Máis información en www.futboldacosta.com

Novas relacionadas

Comentarios