Arrincou o Campionato de Barrios de Esteiro, o Torneo do Verán
08:02 08/06/16
Probablemente sexa o torneo máis esperado do verán. Esteiro enteiro, e parte da diáspora muradá, están pendentes desde esta fin de semana do 39º Campionato de Barrios de Esteiro. Ata o 15 de agosto, cando terá lugar a gran final, coma sempre, 7 equipos están en competición.
Tal, Abelleira, Independiente, Ciclóns, Carallo Santo, Praias de Raimundes e Cánchester pelexarán pola título, e tamén por evitar a "culler de pau", ese trofeo que "honra" ao pechacancelas.
Polo de pronto, o Abelleira arrincou con vitoria ante o Tal, e o Independiente fixo o propio cos Ciclóns.
A Gala do Fútbol da Costa
O Congreso de Adestradores
- Un congreso en Carballo para profesionalizar o Fútbol galego.
- O máis selecto do fútbol estatal, en Carballo.
Novas relacionadas
- 2014: O Independiente, campión do Campionato de Barrios de Esteiro 2014.
- 2014: O Cánchester cambia a cuchara de madeira polo liderato do Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2013: O Campionato de Barrios de Esteiro, unha competición singular.
- 2012: Un Ciclón arrasou no Campionato de Barrios de Esteiro.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).