Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Arte e Movemento volve con 6 medallas do Campionato de Baile de Fene

Arte e Movemento volve con 6 medallas do Campionato de Baile de Fene
Participantes do campionato de Baile de Fene de Arte e Movemento

Non para o Clube Arte e Movemento, e se esta pasada fin de semana tivo cita co baile, xa pensa na desta nova semana, co taekwondo como protagonista.

Así, este pasado domingo 20 de xaneiro Baile Deportivo Arte e Movemento participou no Trofeo Vila de Fene, unha das probas puntuables para o ranking nacional da Federacion Española de Baile Deportivo. Foron 6 parellas costeiras, con unha recollida de 6 trofeos nas finais, polo que quedaron máis que satisfeitos.

A máis emocionante foi a final de Youth, onde na final de 6 parellas, 4 eran do clube ceense. Era de esperar algún podio, pero a sorpresa foi que os costeiros ocuparon as 4 primeiras prazas. Quedando Cristian Dominguez e Laura Rivadulla na 1ª posición, Juan Luis Lista e Noelia Regueira por detrás, Juan Alvarellos e Melani Lois completando o podio e Iván Antelo e Aida Carril de cuartos.

No grupo xuvenil, só había unha parella costeira participante, e Álvaro Lado e Antía Méndez acadaron o 2º posto na final. Trátase da parella máis nova do clube, e con 10 anos xa levan dúas competicións participadas esta temporada, con unha prata en cada unha delas.

No grupo junior, competiu tamén unha parella participante, de 11 anos, que non logrou pasar á final, pero estivo a punto, xa que só lle faltaron dous puntos para pasar. Para eles é a súa segunda competición, e o resultado tamén foi de celebrar.

E finalmente Cristian Dominguez e Laura estaban tamen inscritos na modalidade standard, na que no seu grupo de idade youth tamen lograron outra 2ºposto.

A próxima cita do baile será o domingo 3 de febreiro en Marín.

En marcha o Taekwondo

Mentres, o clube non para. Este sábado 26 de xaneiro celebrarase en Cangas o Campionato Galego sub 21 coa participación duns noventa deportistas entre os que destacan varios medallistas a nivel estatal. O Club taekwondo Arte e Movemento presenta a 4 deportistas:

  • Cristian Dominguez (Cee) (-54kg).
  • Juan Luis Lista (Muxia) (-74 kg).
  • Marcos Rodríguez (Carnota) (-74kg).
  • Juan Alvarellos (Cee) (-74kg).

Todos eles serán dos participantes máis novos do campionato xa que teñen, 16 e 17 anos. O campionato, que se celebrará no Polideportivo Municipal de O Gatañal, comezará as 10 de mañá e está previsto que a competición finalice en torno as 12:30 horas. Hai un total de 87 deportistas inscritos nos diferentes pesos e nas dúas categorías e estarán representados 22 clubs de toda Galicia. O bo nivel do torneo está garantido grazas a presenza de varios campións ou medallistas a nivel estatal.

En principio, este torneo é clasificatorio para o Campionato de España sub 21, pero o pasado ano a Federación Española decidiu non celebralo e non se sabe que sucederá no presente. En principio, estaba previsto para o 23 de febreiro, pero nestes intres non hai confirmación oficial de sede, polo que parece complicado canto menos de celebralo nesa data.

Hai que recordar que o campionato sub 21 foi creado precisamente pola Federación Galega de Taekwondo, ao entender que había un salto moi importante dende a categoría júnior á sénior. Galicia comezou a organizar este campionato hai xa varios anos e posteriormente, por iniciativa da Galega, esta categoría creouse a nivel estatal (o primeiro campionato de España foi o do ano 2006 e tivo lugar en Pontevedra) e finalmente trasladouse a Europa. O primeiro Europeo sub 21 celebrouse no ano 2009 en Vigo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Clube Arte e Movemento.

Comentarios