As 2ª e 3ª Galegas da Costa xa teñen os seus calendarios

Xa temos os calendarios completos da 2ª e da 3ª Galega en www.futboldacosta.com, onde como cada ano seguiremos realizando o carrusel de resultados en directo.
Liga da Costa

A 2ª Galega comeza o 17 de setembro e rematan o 29 de abril de 2018. Unha Liga da Costa que disputarán este curso 6 equipos da comarca de Bergantiños (Coristanco, Ponteceso, Cerqueda, Malpica, Buño, Corme), 5 equipos das comarcas Fisterra e Soneira (Camariñas, Muxía, Cee, Baíñas, Zas), e outros 5 das comarcas de Xallas, Carnota-Muros (Mazaricos, Lira, Outes, Montelouro, Esteirana).
A teor do visto no Mercado de fichaxes “donCLIC” o carro dos favoritos é bastante longo. Os que parece estar movéndose mellor no mercado poden ser o Lira e o Baíñas, ademais dun Cee que tenta renacer. Sempre haberá que ter coidado cos Corme, Ponteceso e Mazaricos, que non fallan da zona alta nas últimas campañas. A estes habería que engadirlles o Outes, recén descendido, ou o propio Muxía, que vai irrumpir con moita forza nesta liga con homes de renome.
A Liga rematará o 29 de abril con dous derbis Camariñas-Muxía e Malpica-Cerqueda.
A 3ª Galega da Costa

A Liga comezan o 17 de setembro e a liga regular rematará o 25 de marzo, cando se celebren os playoffs.
Unha Liga con dúas novidades, o novo CD Muros emais o Outes B.
Son 13 os equipos que saen a competir, quedando tamén moi repartidas as viaxes. 4 equipos de Bergantiños (Laxe, Seaia, Nantón e Cabana); 5 das Soneira-Fisterra (Ameixenda, Corcubión, Porteño, Camelle, Castrelo) e 4 das Xallas e Carnota-Muros (Outes B, Castriz, Muros, Volantes).
Difícil está poñer favoritos neste comezo de Liga, pero ollo coas fichaxes do Laxe ou do Castrelo. Ademais, os Castriz, Cabana e Porteño, recén descendidos, buscarán volver á Liga da Costa; e o Ameixenda, despois de varios anos quedando ás portas, seguro que estará na zona noble.
Máis información
- Os calendarios completos de todas as ligas en www.futboldacosta.com.
Máis información
Máis novas
- Fin de semana de Memoriais.
- Virtualizando o Fútbol da Costa.
- Os Ciclóns do Maio, campións do 40 Campionato de Barrios de Esteiro.
- 3 derbis nas 5 primeiras xornadas da 1ª Galega.
- Convocados os cursos de Monitor e UEFA B (nivel 1) na Costa.
Máis movementos de verán
- Felipe e Corredoira toman o mando dos barcos de Fisterra e Zas.
- O celeste volve ao Fútbol da Costa coa creación do CD Muros.
- Unha nova directiva salva o Unión Club Cee.
- A actual directiva salva ao Zas renovando un ano máis.
- Manolín volve aos banquiños.
- Adrián Lema guiará o barco do Muxía.
- Diego Lobelos, Óscar Leis, Paco, Dani Calvete, Toni e outros movementos no Fútbol da Costa.
- Roberto Amoedo, a proposta da nova directiva do Mazaricos CF:
- Baile de movementos nas directivas e nos banquiños da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).