As augas submariñas de Fisterra prepáranse para ser retratadas
![](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2011/05/26/Buceo-Finisterre.jpg)
11:27 26/05/11
![Buceo Finisterre](Buceo-Finisterre-211x300.jpg)
Esta fin de semana terá lugar o XIV Campionato Galego de Fotosub, clasificatoria para Campionato de España. Este importante evento é organizado polo Club "Buceo Finisterre", cuxos reponsables son Alicia Carrillo Lago e Fernando Carrillo Lago.
Escolleuse esta zona para a realización do campionato polas excepcionais condicións das augas e ser esta zona unha das de maior biodiversidade de Europa.
Serán ducias de fotógrafos mergulladores os que busquen as imaxes máis impactantes dos fondos costeiros, como facían hai pouco en Lira.
Para máis información e inscricións, poden poñerse en contacto con Alicia no 981 740 180.
Máis información
Máis información
- Vídeo do II Campionato Cazafotsub Mar de Lira.
- Reportaxe da TVG do II Campionato Cazafotosub Mar de Lira.
Novas relacionadas
- A caza da mellor foto submariña.
- O Campionato Cazafotsub recolle as imaxes submariñas máis impactantes dos Miñarzos.
- Un crucero ao solpor de Fisterra.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).