As bravas do AD Aluminios Xeal, fortes nas maratóns


Só o AD Zas Aluminios Xeal e o AD Zas Dimobel Bazar Baio conseguiron gañar esta fin de semana para a a familia do tenis de mesa costeiro. Partidos que, no caso das chicas, chegaron por partida triple na súa maratoniana xornada que disputaron en Cangas, onde empezaron a xogar as 10:00 da maña e remataron as 20:40 da noite. Tan só unha derrota, contra o Cinania Femenino, algo que xa se esperaba xa que conta cunha fichaxe estranxeira.
Por parte do equipo de segunda Galega gañou claramente aos de A Estrada. e sigue no segundo posto da táboa do seu grupo. A pesar de xogar moi ben o AD Zas Ponciano Nieto non foi capaz de traer nada positivo de Narón, pero o bo xogo mostrado da esperanzas para vindeiras xornadas.
Tamén o concello Mazaricos veu de baleiro da súa dobre visita a Lugo de donde esperaba traer alomenos unha vitoria, pero nas ligas nacionais non regalan nada e todos lle dan ben e non se deixar sorprender.
1ª División nacional Femenina
- Resultado: Monte Porreiro Cafetería Capri -AD Zas Aluminios Xeal (3-4)
- Resultado: Ribadumia TM - AD Zas Aluminios Xeal (0-6)
- Resultado: Monte Porreiro Promesas - AD Zas Aluminios Xeal (0-6).
- Resultado: Cinania Femenino - AD Zas Aluminios Xeal (5-1).
- Resultado: San Esteban Cao de Narón - AD Zas Ponciano Nieto 4-2)
- Resultado: AD A Milagrosa (Lugo) - Concello Mazaricos (4-2)
- Resultado: Dez Portas (Lugo) - Concello Mazaricos (4-3).
- Resultado: AD Zas Construcciones Cernadas - Conxo Ponte de Ferro (1-4)
- Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - RC A Estrada (4-1)
- Resultado: AD Zas O Pinar - RC A Estrada (0-4)
Moi bos os resultados acadados durante todo o sábado en Cangas con tres vitorias e só unha derrota e esta ante un rival que para gañar as de Zas necesita traer unha fichaxe estranxeira, e as zasences xogaron sen complexos e dando a cara e mostrando que no partido de volta poden forzar o partido de desempate nos dobres. Con todo e como xa se sabía antes de chegar o encontro forte e disputado sería o primeiro contra Monte Porreiro Cafetería Capri, contra as mesmas xogadoras xa fora reñido a temporada pasada, e desta vez necesitouse o partido de dobres donde Ana e Miriam mostraronse moi superiores. Nos outros partidos pouca historia xa que as de AD Zas Aluminios Xeal non se deixaron sorprender.
2ª División Nacional masculina
Desta vez xogaron moi ben os soneiráns Edu Quintela e Alex Blanco, e sobre todo Alex Blanco, que debutaba na categoria, pero eso no chegou para superar aos naronenses que son xa moi veteranos nesta categoría. Con esto o AD Zas Ponciano Nieto terao moi difícil para salvar a categoría pero que non sexa escatimando esforzos. Dos partidos resaltar a vitoria de Brais Blanco sobre José Piñeiro e o nivel de loita mostrado por todos.
3ª División Nacional masculina
1ª División Galega
Pouco poideron facer os de Zas pois as baixas das xogadoras por ter que disputar a súa liga femenina añadiuse a lesión de Raúl e con pouco experimentado Mateo, que ten nivel pero ainda lle falta para superar aos veteranos, solo Luis Azevedo pudo gañar o seu partido. Pero neste grupo o AD Zas Construcciones Cernadas no debe pasar apuros para manterse e conseguirá as vitorias cando xogue co equipo titular ou con Raúl recuperado.