As cadetes salvan a fin de semana da familia ACB Costa da Morte



Non foi a mellor semana, en canto a resultados, para a familia do ACB Costa da Morte. 5 encontros disputados e só unha vitoria, a das cadetes, que superaban con solvencia ás Pontes. Polo demais, os maiores caían ante o Conxo en casa, mentres que sénior non podían voltar con nada positivo da pista do Adfro.
Esta semana ademais xogaron os máis pequenos, os alevíns de minibasket, que caían ante o Emilia Pardo Bazán mentres que as pequenas non podían xogar.
3ª División Senior Masculina, xornada 8
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE - CONXO (29-58).
- Parciais: (8-22; 4-13; 8-12; 9-11) (Acumulado: 8-22; 12-35; 20-47; 29-58)
- ACB COSTA DA MORTE: Iván (3); Deril (11); Fabián (3); Miguel; Tinin (4) – quinteto inicial – Manuel (7); José.
Un primeiro cuarto, no que o equipo de Conxo, co acerto no tiro, rompeu o partido, non dando ningunha opción ao equipo de casa. Mal partido en ataque por parte dos de Cee, con moito desacerto no tiro.

2ª División Senior Feminina, xornada 8
- Resultado: ADFRO - E.S. BAZARRA ACB COSTA DA MORTE (40-30).
- Parciais: (10-11; 8-5; 10-3; 12-11) (Acumulado: 10-11; 18-16; 28-19; 40-30)
- E.S. BAZARRA ACB COSTA DA MORTE: Iria (3); Lidia (2); Sandra (8); Esther (8); Andrea – quinteto inicial –; Goretti; Yaiza; Sabela; Fani (9).
Partido no que o erros en ataque do equipo de Cee permitiu a vitoria a un dos equipos que en principio debe estar abaixo. Este resultado leva as de Cee ós últimos postos da clasificación da liga.
2ª División Cadete Feminina, xornada 7
- Resultado: ABACO ACB COSTA DA MORTE – CB AS PONTES (67-22).
2ª División Infantil Masculina, xornada 6
- Resultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE - ARTAI (38-84).
Minibasket Alevín, xornada 3
- Masculino: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE - EMILIA PARDO BAZAN (43-48).
- Feminino: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE - SANTA MARIA DEL MAR (Aprazado).
Máis información
Novas relacionadas
- Fin de semana completa para a familia ACB.
- 3 derrotas e 2 vitorias foron o balance do ACB na fin de semana.
- Xornada para esquecer da familia ACB Costa da Morte.
- Comeza un ano completo de baloncesto para o ACB Costa da Morte.
- As infantís do ACB xa son campionas intercomarcais.
Fonte
- Nota de prensa do ACB Costa da Morte.