Por que o meu equipo leva esta cor? A esa pregunta queremos responder con esta nova sección de verán “As cores do meu equipo”. Unha sección que sae da
fermosa exposición de camisetas que fixemos, coa axuda dos técnicos do Concello de Santa Comba, na
V gala do Fútbol da Costa – QPC.
Os que xa estivestes, xa puidestes ler a vosa historia, pero seguro que hai centos de siareiros do voso equipo que non saben o porqué das cores da túa camiseta.
As cores do meu equipo: Camariñas F.C.
A cor do mar parece ser que foi a razón pola que a directiva do Camariñas decidiu escoller o azul como cor principal da equipación.
Naqueles anos 70 xa estaba o eterno Vicente Carril na presidencia, escoltado polos Enrique do 4 Ventos, Manolo de Buño, Ramón Canosa... Ao ter o campo da Villueira, na zona do Castelo do Soberano, preto do mar, a cor das camisetas era fácil de decidir.
O escudo, foi debuxado por un rapaz de 12 anos, José Ramón Lema Anido “Mon”, que máis tarde acabaría sendo adestrador do equipo. No emblema, a imaxe do maxestuoso Faro Vilán co azul do mar e do ceo ao fondo deixan unha estampa inmellorable.
Novas relacionadas