As cores do meu equipo: Outes F.C.

As cores do meu equipo: Outes F.C.


Corrían os anos 40. Daquela, o clube de futbol da Serra de Outes disputaba os seus partidos ante centos de afeccionados. As camisas usadas naqueles tempos non tiñan unha cor definida. Todo dependía de canta tela da mesma cor se puidese xuntar para confeccionar as mesmas.
Pero Juan Gómez Barreiro, presidente fundador, pensou que o Outes debería ser recoñecible alá onde fora. Así que, como conta a súa emocionada filla Deolinda Gómez Molinos, realizou unha viaxe á Coruña para mercar as camisolas que, finalmente, serían imaxe do clube ata os nosos días.
A viaxe a Coruña, nos anos 40 non che era xusto unha viaxe de pracer, pero Juan e os seus acompañantes emprendérona con toda a ilusión do mundo, e co saqueto dos cartos recadados para a ocasión. Xa na cidade herculina, logo de ver varios modelos, tomouse a decisión: camisola de raias brancas e negras, con pantalón branco. Tan só un problema. Eran as máis caras e o diñeiro disposto non chegaba para facerse con elas. Non era posible mercar o uniforme desexado. Mais Juan, que quedou prendado das camisolas, non dubidou e puxo a disposición do clube cartos do seu bolsillo para que estas foran dende aquela ata o día de hoxe santo e seña do do Outes F.C.
Novas relacionadas
- Os porqués das cores dos equipos do Fútbol da Costa.
- SD Ameixenda.
- CD Baio.
- CD Baíñas.
- CD Buño.
- Cabana SD.
- Camariñas C.F..
- S.D. Camelle.
- C.F. Castelo.
- S.D. Castriz.
- U.C. Cee.
- U.D. Cerqueda.
- U.D. Corcubión.
- S.D. Coristanco.
- Corme C.F..
- C.F. Dumbría.
- S.C.D.R. Esteirana.
- S.D. Fisterra.
- S.D. Laxe.
- C.F. Lira.
- S.C.D. Malpica.
- U.D. Montelouro.
- C.D. Muros.
- C.F. Muxía.
- C.D. Nantón.