Luns. 24.01.2022
El tiempo

As cores do meu equipo: S.D. Castriz

As cores do meu equipo: S.D. Castriz
Por que o meu equipo leva esta cor? A esa pregunta queremos responder con esta nova sección de verán “As cores do meu equipo”. Unha sección que sae da fermosa exposición de camisetas que fixemos, coa axuda dos técnicos do Concello de Santa Comba, na V gala do Fútbol da Costa – QPC. Os que xa estivestes, xa puidestes ler a vosa historia, pero seguro que hai centos de siareiros do voso equipo que non saben o porqué das cores da túa camiseta.

As cores do meu equipo: S.D. Castriz

Camiseta milanista da SD Castriz Camiseta milanista da SD CastrizEscudo e ano de fundacion da SD Castriz

O Milán de Baresi reinaba a comezos da década dos 90, e a directiva que fundou o club naquel entón decidiu poñerlle as súas cores “rossoneri”.

Con anterioridade, o equipo do lugar chamábase Estrella Deportiva Castriz, e xogaba de cor verde. Precisamente o primeiro equipo da SD Castriz aínda vestía de verde, ata que se cambiaron as camisetas para as, xa míticas, de raias negras e vermellas.

 

Novas relacionadas

comentarios