As Escolas de Fútbol de Santa Comba pecharon o curso
22:16 26/06/14
Santa Comba celebrou o acto de clausura da Escola Municipal de fútbol. Unha cita moi emotiva para os cativos dunha das mellores canteiras da zona. Entregáronse os diplomas os alumnos das distinas categorías da escola, e fíxose unha foto de familia. O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira destacou a vontade do seu goberno para continuar facendo "un esforzo económico" para poder seguir mantendo a actual estrutura deportiva. Landeira agradeceu o traballo "común" de pais, nenos, e adestradores.
Como dicimos, foi nun acto presidido polo alcalde de Santa Comba, e polo director da escola, Manuel González Corredoira, polo concelleiro de deportes, José Pose Pazos e polo presidente do Xallas de Santa Comba, José Manuel Pérez Gorgal.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).