As Ligas de 2ª e 3ª Galega empezarán o 17 de setembro


Produtiva, unha vez máis, a reunión celebrada o pasado martes na Delegación da Real Federación Galega de Fútbol na Costa, cunha ampla asistencia dos representantes dos clubs, para definirse as datas de inicio de cada unha das competicións, desde 2ª Galega ata infantís.
A Liga da Costa e a 3ª Galega iniciaranse, ambas, o 17 de setembro, finalizando as dúas competicións, coa fase final de ascenso de 3ª incluída, o 29 de abril, dando paso á competición de Copa o 6 de maio. Serán 30 xornadas en cada unha delas trala incorporación, en 3ª, do CD Muros, o que fai unha categoría con 13 equipos e competición a dobre volta.
Polo que respecta ao fútbol base, os Xuvenís e Infantís iniciarán a súa competición o 3 de setembro, por canto son grupos de 17 equipos en xuvenís, tralas baixas anunciadas de Monte Louro e UC Cee, e de 18 en infantís, tendo que estar concluídas as competicións o 30 de abril, por canto o 6 de maio iniciarase a fase galega para os representantes costeiros.
A categoría cadete arrincará o 7 de outubro, conformando o grupo 13 equipos, trala renuncia, a última hora, das Baleas, e, como as outras dúas categorías, ten que estar concluída antes do 6 de maio.
Ao longo da reunión, os equipos fixeron numerosas cuestións respecto diso das competicións e as súas solicitudes de cara a conformar os calendarios de cada unha das competicións, que verán a luz, posiblemente, a finais da próxima semana. Neste sentido, os equipos fixeron facer as súas preferencias en canto a non coincidir con outros equipos. Deste xeito, é probable que a finais desta semana saia o calendario da 1ª, e a partir de aí poderase establecer o de 2ª e 3ª.
Titulacións
Falouse igualmente, das modificacións disciplinarias e reglamentarias aprobadas na última asemblea da RFGF, así como da esixencia das titulacións para os adestradores en cada unha das categorías. Fíxose fincapé nos Cursos de Monitor e UEFA B (nivel 1) xa convocados na Costa que se poñerán en funcionamento a partir do 5 de setembro, si o número de inscritos así o fai necesario.
Novas relacionadas
- Convocados os cursos de Monitor e UEFA B (nivel 1) na Costa.
- As Miúd@s competirán na 2ª División Autonómica de F11.
- O celeste volve ao Fútbol da Costa coa creación do CD Muros.
- A Preferente Norte xa ten o calendario en www.futboldacosta.com:
Máis información
Máis movementos de verán
- Felipe e Corredoira toman o mando dos barcos de Fisterra e Zas.
- Unha nova directiva salva o Unión Club Cee.
- A actual directiva salva ao Zas renovando un ano máis.
- Manolín volve aos banquiños.
- Adrián Lema guiará o barco do Muxía.
- Diego Lobelos, Óscar Leis, Paco, Dani Calvete, Toni e outros movementos no Fútbol da Costa.
- Roberto Amoedo, a proposta da nova directiva do Mazaricos CF:
- Baile de movementos nas directivas e nos banquiños da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).