As Ligas de FS de Carballo, Corme e Santa Comba van collendo forma

08:15 25/10/18
As tres ligas de fútbol sala sénior da Costa da Morte (moitos aínda botan de menos a de Cee) están en marcha. Por Carballo xa teñen todo armado e as ligas comezan o vindeiro martes 6 de novembro. Por Santa Comba acaban de abrir o prazo de inscrición, e por Corme ultiman os derradeiros equipos en apuntarse.
Facemos o repaso liga a liga.
Liga de FS de Santa Comba
A modalida de xogo será unha Liga Regular, patrocinada por Discoteca Al Lío, que enfrentará a tódolos equipos e que se disputará a unha soa volta. Da clasificación xeral da Liga Regular, os 5 primeiros disputaran o Torneo Concello de Carballo e os cinco restantes o Torneo Asesoría Cervantes (a ida e volta). Paralelamente a estas dúas competicións tamén se disputará a Copa Hotel Restaurante Punta del Este na modalidade de clasificación por KO directo.
Os partidos disputaranse os martes e xoves a partir das 21:30 no pavillón Carballo Calero (zona colexio Bergantiños) e a entrada para velos será sempre de balde.

Liga de FS de Sta Comba
Abre o Concello o prazo de inscrición (ata o 19 de novembro) para a XXXI Liga de FS. Xa podedes levar os 250€ para facer a inscrición á Oficina Municipal de Deportes ou no 981 10 30 34.Liga de FS de Corme
15 equipos xa están anotados en Corme (hai prazo ata o 31 de outubro e un máximo de 24 equipos). Os equipos xa poden empezar a entregar a Pedro os DNI e os 15€ por cada xogador para a inscrición e o seguro, en horario de mañá de 11:00h a 13:00h ou de 15:30 a 20:30h no polideportivo de Corme.Arrinca a 40ª edición da Liga de Fútbol Sala de Carballo
O próximo martes 30 de outubro dará comezo a tempada 18-19 da Liga de Fútbol Sala de Carballo, tempada na que se cumpren 40 edicións da mesma. Inauguran esta nova tempada o Boa Estrela (Carballo) e o Cervecería O Pazo (Ponteceso) que disputarán a Super Copa da Agrupación Deportiva Carballo, entidade fundada no 1985 e que actualmente segue a ser a organizadora da Liga de Fútbol Sala de Carballo. Nesta nova edición participan 10 equipos:- 1 – Cervecería O Pazo
- 2 – Boa Estrela
- 3 – Interfutsal Deportes San Remo
- 4 – Bar Rosalía
- 5 – Discoteca Al Lío / Asesoría Afico
- 6 – Anonymus
- 7 – Gontad Seguros / Carnicería Eusebio
- 8 – Cervecería Bombonera
- 9 – Brasería Carballo / Cervecería Beos
- 10 – Taberna D’Jous / Bar Ginebra
