As Ligas de FS de Carballo e Corme xa en www.futboldacosta.com


En marcha as dúas Ligas de FS de Corme e Carballo, xa cos calendarios completos en www.futboldacosta.com. Facemos un repaso á 1ª xornada da Liga cormelá e á 2ª da carballesa.
Sen sorpresas no comezo da Liga de FS de Corme

Colócase o Bar París de líder trala disputa da 1ª xornada da Liga de FS de Corme AD Vila de Pondal. Nunha primeira xornada que non deixou ningún empate e na que non fallaron ningún dos, a priori, favoritos. Favoritos como o Trans. Cotelo. que fixo doblete o ano pasado, ou Bar Avenida, Bar París, Os Aldeáns e TPL-Crisol.
Son 16 equipos os que saen a competir nun calendario de Liga dunha soa volta, para despois facer unha Copa tipo liguilla.

Liga Regular Alonso Moda da Liga de Fútbol Sala de Carballo
Completouse a segunda xornada da Liga Regular Alonso Moda do Fútbol Sala de Carballo. E xa hai movemmentos na táboa, con 3 únicos equipos sumando dúas vitorias, como son Dolce&Café, Talleres Capelán e Cervecería O Pazo.
Ademais comezan a destacar os goleadores, sendo Javier Alvite o novo Pichichi Clínica de Fisioterapia Javi Teijeiro.
Dolce&Café vs Cervecería Troula (4-1)
- Dolce&Café; Noé, Jorge Calvete, Daniel Calvete, Alex e Brais.
- Cervecería Troula; Sergio Collazo, Puñal, Dubra, Marcos Casás e Martín Pombo.
- Goles; Jorge Calvete 1-0, Marcos Casás 1-1, Adrián 2-1, Jorge Calvete 3-1 e 4-1.

Gontad Seguros – Carnicería Eusebio vs Discoteca Al Lío – Asesoría Afico (2-0)
- Gontad Seguros – Carnicería Eusebio; José R. Carracedo, Adrián Pose, Adrián Parga, Francisco J. Varela e Miguel Suárez.
- Discoteca Al Lío – Asesoría Afico; Damián Cerdeiro, David Pensado, Iván Lorenzo, Jorge Pichel e Roberto Rancaño.
- Goles; Francisco J. 1-0 e Pablo Caamaño 2-0.

Talleres Capelán vs Tourline Express (9-2)
- Talleres Capelán; Marc Añón, Javier Fernández, José M. Campos, Pedro Mourón e David Periscal.
- Tourline Express; José M. Añón, Joaquín Muñoz, Marcos Castro, David Mariño e Gonzalo Varela.
- Goles; José M. Campos 1-0 e 2-0, Javier Alvite 3-0, 4-0 e 5-0, Pedro Mourón 6-0, Iago Pardiñas 6-1, José M. Añón 6-2, Javier Alvite 7-2, Pedro Mourón 8-2 e David Periscal 9-2.
Fariña Maquinaria Agrícola vs Interfutsal Deportes San Remo (3-2)
- Fariña Maquinaria Agrícola; Rubén Pose, Carlos Cotelo, Germán Fariña, Jesús M. Eirís e Adrián Liñares.
- Interfutsal Deportes San Remo; Martín Antelo, Rubén Gómez, Míchel López, Adrián García e Diego Ferreiro.
- Goles; Jesús M. Eirís 1-0 e 2-0, Germán Fariña 3-0, Adrián García 3-1 e 3-2.
Cafetería Habanos 79 vs Bar Rosalía (6-2)
- Cafetería Habanos 79; Carlos Gómez, Alejandro Vázquez, Víctor Freire, David Castiñeiras e Carlos Rey.
- Bar Rosalía; José A. Rodríguez, Diego García, Moisés García, Carlos Márquez e Kevin Oanes.
- Goles; Alejandro Vázquez 1-0, Víctor Freire 2-0, Moisés García 2-1, Diego García 2-2, Moisés García 2-3, Diego García 2-4.
Cervecería O Pazo vs Pazo do Souto (6-2)
- Cervecería O Pazo; Brais Álvarez, Pablo Vázquez, Ricardo Lista, Juan Antelo e Abel García.
- Pazo do Souto; Daniel Taibo, Estiven Taboada, Antonio Añón, Jonathan Pose e Jordan Abelenda.
- Goles; Pablo Vázquez 1-0 e 2-0, Juan Antelo 3-0 e 4-0, Antonio Añón 4-1, Manuel Varela 5-1, Estiven Pose 5-2 e Ricardo Lista 6-2.
Máis información
- Os calendarios completos en www.futboldacosta.com.
Novas relacionadas
- Novembro 17: Intensidade máxima no comezo da Liga de FS de Carballo.
- Maio 2017: O Trans. Cotelo leva a Copa de FS de Corme aos penalti:
- Abril 2017: Trans. Cotelo e Vilar de Céltigos, campións en Corme e Santa Comba.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).