As mellores promesas do surf galego rubiron as ondas de Razo
Temos visto á canteira do surf galego, formándose nas virxes ondas da Costa da Morte. Esta fin de semana tocaba competir. Disputouse a última proba xuvenil do circuito galego de surf e bodyboard na praia de Razo, concello de Carballo. Na primeira xornada do fin de semana, celebráronse as categorías dos máis cativos en surf, Sub. 12 mixto, Sub. 14 feminino-masculino e as categorías de bodyboard.
Máis de 100 inscritos puñan o neopreno caso ás 9:30h. As condicións comezaron moi ben, pero ao longo da competición foron decaendo. A pesar diso conseguiuse sacar a proba adiante, e os competidores non deixaron indiferente ao público coas suas manobras. Os instructores das escolas estiveron ao pé do cañón todo o tempo indicándolle aos rapaces as mellores ondas da serie para puntuar o máximo posible.
Coruñeses, ferroláns, pontevedreses e vigueses coparon os podios. Os resultados do final desta xornada son os seguintes:
SUB. 12 SURF MIXTO
- 1. Manuel Fernández de A Coruña (Prado surf escola)
- 2. Paul Boneil de Vigo (Prado surf escola)
- 3. Sebastián Baamonde de A Coruña (La Vieja escuela)
- 4. Jorge Suárez de Vigo (Prado surf escola)
SUB. 14 SURF FEMININO
- 1. Martina Alvarez de Ferrol (Prado surf escola)
- 2. Lola Bermúdez de A Coruña (La Vieja escuela)
- 3. Marta Buján de Ferrol (Prado surf escola)
- 4. Pilar Viana de Vigo (Prado surf escola)
SUB. 14 SURF MASCULINO
- 1. Enrique Conde de A Coruña (La Vieja escuela)
- 2. Pablo Gorgojo de Vigo (Prado surf escola)
- 3. Alejo Ferreiro de Pontevedra (Prado surf escola)
- 4. Pedro Suárez de NIgrán (Patos surf escola)
SUB. 16 BODYBOARD
- 1. Alfonso Argibay de Vigo (Patos surf escola)
- 2. Raúl Vila de Vigo (Patos surf escola)
- 3. Bruno Martín de Ferrol (The Camp Doniños)
- 4. Andrés Miranda de Ferrol (The Camp Doniños)
SUB. 18 BODYBOARD
- 1. Bruno Martín de Ferrol (The Camp Doniños)
- 2. Juan Sande de Ferrol (Valdoclub)
- 3. Alvaro Golpe de Ferrol (Valdoclub)
- 4. Carlos Megino de Vigo (Patos surf club)
SUB. 16 SURF FEMININO
- 1. Isabel Gundín Pérez de Ferrol (The Camp Doniños)
- 2. Monica Pintos de Ferrol (The Camp Doniños)
- 3. Celia Luz de Pontevedra (Riders surf school)
- 4. Gabriela Serna de A Coruña (La vieja escuela)
SUB. 16 MASCULINO
- 1. Borja Malvar de Vigo (Prado surf escola)
- 2. Enrique Conde de A Coruña (La Vieja escuela)
- 3. Carlos Vázquez de A Coruña (La Vieja escuela)
- 4. Jose Diogo de Nigrán (Patos surf escola)
SUB. 18 FEMININO
- 1. Cristina Iglesias de Vigo (Prado surf escola)
- 2. Isabel Gundín Pérez de Ferrol (The Camp Doniños)
- 3. Mónica Pintos de Ferrol (The Camp Doniños)
- 4. Celia Luz de Pontevedra (Riders Surf school)
SUB. 18 MASCULINO
- 1. Alvaro Froján de A Coruña (La Vieja escuela)
- 2. Leo Zambrano de Vigo (Prado surf escola)
- 3. Juan Fernández de A Coruña (Prado surf escola)
- 4. Pedro Manso de A Coruña (La vieja escuela)
O campionato estivo avalado coma sempre polos patrocinios de Abanca, Concello de Carballo, YaTeComeré, Art Surf Camp, Teiron, TSP, entre outros.
Novas surfeiras
- Nemiña terá o seu SurfCamp “made in Costa da Morte”.
- A canteira do surf galego, formándose nas virxes ondas da Costa da Morte.
- As ondas de Nemiña non te esquecen.
- Costa da Morte, a fronteira do Surf Extremo.
- 31-12-14: Surfeando a onda Mutante da Costa da Morte.
- 15-12-14: Surfeando o temporal.
- 05-11-14: Malpica queda sen oficina e presidente da Federación Galega pero fica co surf.
- 09-09-14: As praias de Soesto e Laxe volveron colocar a Costa no centro do surf galego.
- 04-11-13: A Tremosa, a gran e temida onda da Costa da Morte.
- As perigosas ondas das Costa da Morte collen sona internacional.
- A bordo do longboard polos Camiños sen fin da Costa da Morte.
- A Costa da Morte afiánzase no panorama surfeiro do país.
- De quen son as ondas da Costa da Morte?.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).