Venres. 19.04.2024
El tiempo

A canteira do surf galego, formándose nas virxes ondas da Costa da Morte

A canteira do surf galego, formándose nas virxes ondas da Costa da Morte
Bruno Martin facendo surf na Costa da Morte-Foto-Kako Garcia

Por aquí pasou a pasada semana un equipo do melloriño de Galicia en materia surfeira. Kako García, o actual adestrador da Selección Galega de Surf, achegouse ata a nosa bisbarra con varios dos seus rapaces do seu equipo ferrolán, na procura de ondas pouco masificadas.

E ben as disfrutou, na compaña de Felipe Sar, un muxián que aprendeu gracias ás clases do propio Kako, e que fixo de guía ensinando as mellores ondas aos rapaces ferroláns. Quedaron encantados os Álvaro Froján, actual líder del circuito gallego de surf junior; Bruno Martín, Subcampeón de España de bodyboard sub -14; Isa Gundín, campiona galega absoluta, e campiona de España sub-16, e tamén do Circuito Grom Search de rip curl, ou Mónica e David, outros membros do equipo con tamén grandes logros a nivel galego.

Quedaron tan contentos que seguro que voltan, antes mesmo que a Selección Galega, que xa estivo aquí o ano pasado, pero que este curso, a concentración tocou en Ferrol e agora só quedan as competicións.

Kako Garcia nas augas da Costa da morte

A virxindade costeira

A virxindade da Costa da Morte un tesouro-Foto-Thecamp

O mellor da Costa da Morte é que a única parte de Galicia que queda salvaxe, ao non ter accesos tan fáciles, deixa todo máis enxebre, máis bonito e permite exploralo. Fai repescar alquela parte do surf dos que empezamos hai moito, e o revivimos explorando, indo de cala en cala. Ten un encanto especial”, apunta. ”E despois os picos das ondas son algo máis privados, non hai tanta masificación”, sinala tamén nesa liña.

Caeron ondas pero non todas. Faltou a xigante onda de Corme, que segundo Kako, “non é ningunha broma”. Quixémoslle preguntar por ela e nos dixo claramente que “ a onda grande que fixo de Aki Muniain non é unha fantasmada, é unha verdade como ela mesma. A xente que di que non que veña co barco e vaia vela. Eu creo que non máis do 5% dos surfistas estan preparados para collela”.

Os rapaces de Kako Garcia na auga da Costa da Morte Isa Gundin facendo surf na Costa da Morte-Foto-Kako Garcia. Alvaro Forjan facendo surf na Costa da Morte-Foto-Kako Garcia Bruno Martin facendo bodyboard na Costa da Morte-Foto-Kako Garcia.

Novas surfeiras

Fonte

Comentarios