As traiñeiras volven a Muros

08:00 09/08/17

Volven por fin as traíñas en regata oficial ao porto de Muros. Este sábado 12 de agosto a partir das 18:30h, a dársena acollerá A I Bandeira Muros de San Pedro de Traiñeiras. Serán 7 os clubs que competirán nesta proba da Liga Galega de Traiñeiras (B): Cedeira, Mugardos, Mera, Muros, Esteirana, Vila de Cangas e Virxe da Guía.
Unha liga B que afronta a recta final, co Mera como líder por diante do CM Mugardos e do propio CR Muros. A falta de dúas probas (precisamente Muros e Esteiro), os muradáns teñen a tiro aos ferroláns a só un punto de vantaxe, xa que os de Mera sacan 9 puntos de vantaxe. Por abaixo a AD Esteirana parece que non está no seu mellor momento e quedou na última posición nas 6 probas anteriores.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).