Automáticamente, a oitavos

00:17 25/03/16
Non houbo nin grandes remontadas nin partidos inesquecibles na inoportuna volta de dezaseisavos da Copa da Costa
Así queda a xornada copera
A Copa da Costa mola. Vaia iso por diante. Pero parecemos empeñados en que non sexa así. A volta de dezaseisavos de final do torneo do KO, ese compromiso en Xoves Santo que case ninguén quería xogar, finalizou sen apenas sorpresas e cun aburrimento maiúsculo. Non houbo grandes remontadas nin momentos de heroicidade tan típicos do torneo do KO.
Pódese dicir que só Outes mantivo o encanto, cunha vibrante eliminatoria entre os locais e o Soneira que se decantou do lado do líder de Primeira. Un pouco habitual nesa sorte do gol, De la Sierra (o irmán non letal, decidiu na recta final. Outro que segue a ser un romántico disto é Leo, que con catro dianas deixou na rúa ao líder de Terceira Autonómica, o Laxe. Noutra fronte bonita da xornada, o Zas conquistou o Pinguel e medirase ao Cee en oitavos.
