Pasou a Semana Santa e volve a normalidade. Ou podemos dicir a completa normalidade porque esta fin de semana haberá máis partidos que nunca. Os dezaseisavos da Copa fan que moitos equipos teñan ata 3 partidos na fin de semana, como o Corme ou o Soneira que terán 3 citas en 2 partidos. Outros como o Carnota, quedan só con un partido trala súa renuncia á Copa.
Precisamente a Final da Copa Xuvenil será unha das atraccións da fin de semana, onde cormeláns e soneiráns medirán o seu poderío.
O Soneira, que segue na Liga esforzánsose ao máximo para non alterar a competición, terá sesión copera ante o Club do Mar o sábado ás 16:00h antes da fina xuvenil.
Na 1ª as citas son máis importantes, con xalleiros e dumbrieses xogándose todo polo ascenso a falta de 2 xornadas. O Xallas prepara o vital encontro en Pontedeume fletando un bus e todo. E o Dumbría buscará un Cee relaxado tralo partidazo do sábado ante o Ponteceso, sen dúbida, a eliminatoria estrella destes Dezaseisavos.
E antes de ir cas citas de MOTOR, traemos os partidos:
Este domingo 1 de maio poderás descubrir as Terras do Xallas coa nova Ruta BTT. A ruta percorre lugares simbólicos do termo municipal xalleiro, como o nacemento do Xallas, as fervenzas de Castriz ou Barilongo, unha mina que foi un enclave estratéxico na II Guerra Mundia.
Campionato de Pesca sen morte no Xallas
Ourras das citas é o III Open de Pesca a Mosca por parellas Río Xallas, cita internacional de pesca sen morte. Terá lugar ao longo do venres e o sábado no Coto de Xallas-Beba, que se sitúa no tramo do río Xallas, comprendido entre o encoro da Fervenza e a desembocadura do río Beba.