mércores. 30.04.2025
El tiempo

O río Xallas acolle un Campionato internacional de Pesca sen Morte

O río Xallas acolle un Campionato internacional de Pesca sen Morte

Acolle a Costa da Morte esta fin de semana unha cita internacional. Trátase do III Open de Pesca a Mosca por parellas Río Xallas, evento organizado polo Club Salmo en colaboración cos patrocinadores no Concello de Dumbría. É un campionato de pesca sen morte.

A cita desenvólvese durante os días 29 e 30 de abril e todos os participantes xa están instalados no Hotel Insua.

Convírtese o río Xallas nun escenario histórico e simbólico. Concretamente, o Open celebrarase no Coto de Xallas-Beba, que se sitúa no tramo do río Xallas, comprendido entre o encoro da Fervenza e a desembocadura do río Beba, coto destacado por ser un dos poucos en Galicia regulado para a práctica da pesca sen morte.

Xornada de pesca periodística en Muros

O Alcalde de Muros, Dominos Dosil Cubelo, recibiu na Casa do Concello de Muros aos participantes no XIX Congreso Internacional de Periodismo especializado en Caza, Pesca, Medio Ambiente e turismo rural e de aventura (Periodipesca). Trátase dun congreso de ámbito estatal que ten lugar no Porto do Son entre o 28 de abril e a 1 de maio.

Novas relacionadas

Comentarios